Estrasburgo, 10 de Decembro de 2018. Ao respecto da cancelación da xornada “Mulleres e Saúde” por parte do Concello de Vigo queremos trasladar as seguintes consideracións:
-Ás 13.21h do día de hoxe o MARCO comunicou á oficina da eurodeputada Lídia Senra a suspensión da xornada “Mulleres e Saúde”.
-Consideramos que o feito de que as presións exercidas por un medio de comunicación sobre un Concello deriven en que este obrigue a un museo a cancelar unha xornada informativa sobre saúde e mulleres constitúe unha grave vulneración do dereito á liberdade de expresión impropia dunha democracia.
–É falso que a xornada “Mulleres e Saúde” sexa unha xornada antivacinas. Como indica o seu título, é unha xornada centrada en analizar aspectos referidos especificamente ca saúde das mulleres. María Luísa Lores e Carmiña Mosqueira foron convidadas para falar sobre o tratamento das mulleres; Alicia Capilla para falar da Vacina do Virus do Papiloma Humano e Elena Gil e Iria Piñeiro da violencia obstétrica.
-Alicia Capilla é unha nai que vacinou á súa filla ca vacina do papiloma. Resulta obvio, polo tanto, que non é unha persoa que estea en contra das vacinas. Foi convidada para explicar a súa experiencia ao respecto.
-A vacina do papiloma só se aplica a mulleres. Ese é o motivo polo cal a palestra foi incluída na xornada “Mulleres e saúde”.
-A saúde é a cuestión máis importante que existe na vida das persoas. Ese foi o motivo polo que no ano 2016 realizamos as xornadas “A privatización da sanidade na UE” e este ano a xornada “Mulleres e saúde”.