AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

AGEe diríxese á CE para denunciar o asasinato de tres activistas kurdas e coñecer a posición da UE

13 Xaneiro, 2016 Comisión Europea, crise de dereitos, dereito a decidir, dereitos humanos, emerxencia social, feminismo, kurdistán, Lidia Senra

 

  • Tres feministas e activistas kurdas foron asasinadas o día 5 durante unha intervención das forzas policiais turcas no distritio de Silopi
  • AGEe interpela á CE sobre o feito de que, malia a situación de violencia, a UE finaciou a Turquía para reter á poboación refuxiada

 

Bruxelas, 13 Xaneiro 2016. O pasado 5 de xaneiro a policía do presidente turco Recep Tayyip Erdoğan torturou e asasinou a tres mulleres feministas e activistas kurdas. As víctimas foron Seve Demir, integrante do Parlamento polo Partido das Rexións Democráticas (DBP) e promotora do lanzamento da IV Caravana Internacional Feminista da Marcha Mundial das Mulleres dende o Kurdistán; Pakize Nayır, pertencente á Asamblea do Pobo de Silopi e Fatma Uyar, activista do Congreso das Mulleres.

Estes asasinatos tiveron lugar na rexión de Silopi -provincia de Sirnak, no norte do Kurdistán-, baixo toque de queda dende decembro, debido á intensificación da ofensiva militar de Erdoğan sobre as rexións kurdas dende que perdeu a maioría en xullo de 2015 debido á entrada do Partido Democrático do Pobo (HDP) no Parlamento. Erdoğan ten decretado o estado de emerxencia até en 54 ocasións en 18 cidades e distritos.

Con estes crimes o Goberno turco pretende intimidar ao conxunto da poboación kurda, e moi concretamente á mocidade, que se mantén na vangarda da resistenza contra o rexime violento de Erdoğan.

Fronte a esta situación, rexistramos unha pregunta  dirixida á Comisión Europea na que a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, solicitou saber que accións pensa tomar a Comisión Europea para “esixir ao Goberno turco que estes asasinatos non queden impunes e que respecte as liberdades civís e os dereitos humanos do pobo kurdo”.

Asemade, á vista da grave situación de violencia incentivada polo propio Goberno en Turquía, preguntamos á Comisión se considera razoábel ter entregado o pasado mes de novembro 3.200 millóns de Euros ao Goberno Erdoğan para que reteña no seu territorio a milleiros de personas que, precisamente, están fuxindo da guerra. Tamén queremos saber se a Comisión conta con mecanismos para garantir que parte deste financiamento non está a ser empregado también para atacar a la población kurda.

Senra chamou ademais a atención sobre as responsabilidade da Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Federica Moguerini, a quen instou a “reaccionar xa” para que o Goberno turco poña fin á masacre da poboación kurda e ao toque de queda. “Non podemos consentir que a Unión Europea siga apoiando a dictadura do Goberno turco”, aseverou.

 

1387325ab956c8c74bb3ab7914759e29_XL

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies