AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “Necesitamos que En Marea entre con forza no Parlamento para constituir grupo galego e defender os dereitos do noso pobo”

7 Decembro, 2015 actividades, agricultura, austeridade, cerco, crise agrícola europea, dereito a decidir, economía rural, emerxencia social, libre mercado, machismo, mariñeiros, marisqueo, OMC, soberanía alimentaria, transxénicos

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), participou nesta primeira fin de semana de campaña cara as Eleccións Xerais do 20D nos actos convocados por En Marea o sábado 5 en Chantada e o domingo 6 en Ribeira.

 

Chantadachantada 051115

Acompañando en Chantada ao número 1 da candidatura en Lugo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Senra incidiu na importancia de que saque da Constitución a obriga  de priorizar o pago da débeda. Según aseguro, agora mesmo cada neno e nena español ten unha débeda de máis de 22.000 euros que terán que pagar para saldar o que se empregou para rescatar aos bancos, por iso hai que reformar o artigo 135 da Constitución para que o pago desa débeda non sexa prioritario. “Diso van depender os servizos públicos como a educación ou a sanidade”, advertiu.

Fernán Vello tamén aludiu a esta cuestión. “Acaba de saberse que o Goberno da por perdidos 36.000 millóns de euros do rescate aos bancos, e para cadrar as contas rouban 33.000 millóns de euros á caixa das pensións”, dixo.  José Manuel Pérez Afonso, número 3 de En Marea en Lugo,  destacou pola súa banda que a coalición quere encher o Congreso de honestidade e unir forzas para construír futuro. “Somos xente normal, pedindo cousas normais”, asegurou.

 

 

Ribeira

En Marea celebrou a mañá do domingo un encontro na Lonxa de Ribeira no que os candidatos e candidatas acompañados da eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lidia Senra, puxeron de manifesto a necesidade de que En Marea entre con forza no Parlamento do Estado. Así, Lidia Senra, que foi a encargada de abrir o encontro destacou que “precisamos que En Marea entre con forza no Parlamento do Estado para constituír un grupo galego que contribúa ao cambio político necesario e urxente e defenda o dereito a decidir do pobo galego e das distintas nacións que conforman a realidade do Estado”. Un grupo, sinalou, que entre con forza no Parlamento do Estado para que defenda as pequenas e medianas explotacións agrarias, á pesca artesanal, un reparto xusto da cota pequeria, “para que nunca máis volva suceder o que está acontecendo co certo, que levan xa máis de mes e medio acampados diante de San Caetano reivindicando o dereito a poder vivir do seu traballo”.

A eurodeputada de AGEe asegurou que “temos que defender a nosa pesca costeira e o noso marisqueo ante as agresións da acuicultura industrial que pretenden promover co desenvolvemento da Política Pesqueira Común. É tamén defender a pesca costeira das agresións medioambientais que sofren as nosas rías, que están provocando a desaparición e diminución dos recursos pesqueiros”.

A número 2 de En Marea pola Coruña, Yolanda Díaz, sinalou pola súa parte que “nesta campaña podemos escoller entre elixir os que provocan que teñamos os salarios máis baixos do Estado ou a xente que en plural imos En Marea”. “Temos 232 mil persoas en Galicia que están no paro. E moita xente que tendo un traballo son pobres. Nós non chegamos ata aquí en loita para permitir que as nosas fillas pasen fame. Porque sabemos que hai outra alternativa” afirmou.

Pechou o acto, o número 1 de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino, que comezou lembrando ao seu avó que durante moitos anos traballou na Lonxa da Coruña, “e neste espazo evocador con este cheiro, lémbrame ao meu avó”. “Son tempos complexos pero ilusionantes, dias especiais porque se materializan as loitas que vimos traballando moitos anos: contra a guerra, coas nosas mans contra o chapapote do Prestige… e despois loitamos  nas mareas. E grazas a iso hai xente que abriu as portas dos concellos á xente” explicou Gómez-Reino, Tone. Días de responsabilidade polo “reto de botar a toda a calaña que nos goberna en Madrid e porque temos que ter a capacidade de transmitir que estamos nun momento histórico”.


Ribeira 061215

Ribeira 061215-2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies