AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “A Comisión Europea está a valorar unha estratexia para eludir os controis anti Organismos Xenéticamente Modificados na UE”

9 Decembro, 2015 AGEe, comisión de agricultura, Comisión Europea, crise agrícola, liberalización, Lidia Senra, oxm, PAC, soberanía alimentaria, transxénicos
  • A CE analiza a interpretación xurídica dalgunhas “Novas Técnicas de Reprodución” para valorar a posibilidade de excluílas da lexislación sobre OXM’s
  • A laxitude na regulamentación sobre organismos transxénicos na Unión Europea, unha esixencia dos EEUU para asinar o ACTI/TTIP

Bruxelas, 09 Decembro 2015.  Na última sesión da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo presentouse a través dunha audiencia de “expertos” a posibilidade de que algunhas das  Novas Técnicas de Reprodución (NTR) de alimentos nas que a Comisión Europea está traballando[1], podan ser consideradas NTR e non OXM[2] dende o punto de vista xurídico e, polo tanto, non ter que ser sometidas a unha regulación que se percibe máis esixente.

Trátase, polo tanto,  da interpretación dun texto xa existente, a Directiva Europea 2001/18/EC, polo que, segundo explicou a representante da Dirección Xeral para a Saúde e a Seguridade Alimentaria, a Comisión non terá que abrir ningún proceso de codecisión canda o Parlamento, ao non haber nova normativa. A Comisión prevé convocar “un grupo de expertos, ó Parlamento e ás partes interesadas” en  febreiro do vindeiro ano.

“O movemento labrego internacional leva xa máis de vinte anos funcionando colectivamente, e non é a primeira vez que vemos como pretenden presentarnos a alimentación transxénica como se non o fora, ou poñer trabas á súa identificación”, lembrou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e titular na Comisión de Agricultura para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra. “Non podemos permitir que nos poñan organismos xeneticamente modificados nos nosos pratos sen nin sequera respectar o noso dereito a sabelo e a poder elixir”, argumenta a eurodeputada galega.

De avanzar esta estratexia impulsada polo lobby pro OXM’s[3] e algúns Estados membro[4] , “se xuridicamente non se considera como transxénico un organismo modificado xeneticamente, este pode pasar a ser producido, distribuído, empregado e/ou consumido na Unión Europea sen verse sometido ao control da lexislación comunitaria”, moito máis estrita que noutros territorios como, por exemplo, os EEUU.

E é precisamente esta falta de similitude entre EEUU e a UE na regulación dun aspecto tan sensíbel como o dos OXM’s, o que está a supor un dos puntos problemáticos na negociación de tratados de libre comercio como o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership/Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión), polo que Lídia Senra non desbota “a posibilidade de que precisamente a Comisión Europea estea a tantear a opción de rebaixar os controis sobre transxénicos para facilitar as negociacións e posterior aprobación deste tratado”.

Por outra banda, a intención da Comisión de avanzar nunha alimentación deseñada polas grandes corporacións en substitución da propia Natureza, avogando polo desenvolvemento de novas técnicas de produción de alimentos en lugar de apoiar a agricultura labrega, “ten ademais o interese engadido de ampliar o mercado de patentes cas que se enriquecen as grandes multinacionais da alimentación; en detrimento do campesiñado, do intercambio de sementes e do traballo e a loita por desenvolvermos unha agricultura agroecolóxica que proporcione elementos sans e de calidade á poboación, avanzando ao mesmo tempo cara a consecución da soberanía alimentaria para os pobos, que é o único xeito de non estar sometidas ás corporacións internacionais para poder comer”, sentenciou a eurodeputada galega.

Vídeo da intervención de Lídia Senra pinchando aquí

Máis vídeos de intervencións na Comisión Europea pinchando aquí e aquí

Enlace á sesión completa pinchando aquí

NOTAS: 

1. Máis coñecidas polas súas siglas en inglés NBT, New Breeding Techniques, son obxecto de estudio da Comisión Europea dende o ano 2007, no que se constitúe un grupo de traballo específico “para avaliar se unha serie de novas técnicas de cultivo poderían caer ou non dentro do ámbito de lexislación sobre organismos xeneticamente modificados

2. Baséanse nunha interpretación particular da Directiva Europea 2001/18/EC, segundo a cal, dende o punto de vista do lobby das NTR, estas novas técnicas ben poderían ter sido desenvolvidas pola propia Natureza, inda que nunca teña sucedido nin haxa previsión de que suceda.

3. Un dos principais responsabeis de impulsar esta revisión da interpretación lexislativa por parte da Comisión Europea é o lobby pro transxénicos albergado na NBT Platform, con sede en Bruxelas. Este grupo de presión recoñece que o seu principal obxectivo é conseguir que as NTR non sexan rexidas por leis sobre transxénicos, especificando a folla de ruta da súa interesada incidencia político-económica nos seus documentos. O presidente deste grupo de presión, Edwin Hecker, foi uns dos encarregados de trasladar a súa análise nesta  audiencia realizada pola Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo.

4. A Comisión apunta que a dúbida de se as NTR deben ser consideradas baixo a lexislación aplicada aos organismos xeneticamente modificados xurdiu a raíz das consultas dalgúns dos Estados membro no ano 2007

anterior seguinte

Artigos relacionados

web_PACgz

Renunciar a unha PAC adaptada á realidade galega é renunciar ás nosas competencias como País

16 Outubro, 2018
Portadanovaweb_190918

Benvidas/os á nova páxina web da eurodeputada Lídia Senra. Novo enderezo: www.lidiasenra.gal

19 Setembro, 2018
Senra_ComAGRI_290818-520x245

Senra critica a falta de determinación da UE á hora de facer cumprir as directivas medioambientais

29 Agosto, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies