AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra esixe que a UE cumpra a sentenza que impide á frota comunitaria faenar no Sáhara Occidental

28 Febreiro, 2018 GUE/NGL, Lidia Senra, Marrocos, Sahara Occidental, Unión Europea
  • A eurodeputada recalca que a decisión do TXUE sobre o Acordo de Pesca UE-Marrocos require a saída da frota europea das augas saharauís
  • Considera inadmisible que a UE tolere a explotación de recursos dun territorio recoñecido como “ocupado” polo Dereito Internacional

mapa_sahara_agwanit_webBruxelas, 28 de febreiro de 2018. Lídia Senra, representante do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo considera que a sentenza anunciada onte polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), que establece que o Acordo de Pesca asinado en 2006 entre a Unión Europea e Marrocos non é aplicable ao Sáhara Occidental, “debe supoñer a saída dos barcos europeos que operan nas augas saharauís ao abeiro deste acordo”. A eurodeputada galega chama ás autoridades comunitarias a “facer cumprir a sentenza sen ambigüidades”e a “non seguir amparando a explotación duns recursos que non forman parte da zona de pesca marroquí”.

A decisión do TXUE cobra especial importancia nun momento no que están comezando as negociacións para renovar o acordo de Pesca en vigor entre a UE e Marrocos, que vence o próximo mes de xullo. Arredor do 70% das licencias outorgadas á frota europea en virtude do mencionado convenio refiren a augas saharauís.

“A propia decisión do TXUE que acabamos de coñecer di que incluír o territorio do Sáhara Occidental no ámbito de aplicación do Acordo de pesca conculcaría determinadas normas de Dereito Internacional xeral que son de aplicación ás relacións da Unión co Reino de Marrocos, en especial o principio de autodeterminación”, recalcou a eurodeputada galega.  “Como xa fixera en xaneiro o avogado xeral da UE, esta sentencia volver darlle a razón ao pobo saharauí ao dicir que o Acordo de Pesca entre a UE e Marrocos é valido, pero que en ningún caso é aplicable ao Sáhara Occidental. Por iso entendemos que non teñen lugar chamadas a reforzar acordos como este, nin louvar a cooperación estratéxica entre a UE e Marrocos, como fixo onte a Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e política de Seguridade, Federica Mogherini, sen dedicar unha soa palabra á sentenza que exclúe as augas saharauís da aplicación do acordo pesqueiro”.

A explotación dos bancos pesqueiros do Sáhara Occidental é un exemplo máis da explotación ilícita dos recursos deste territorio coa colaboración das autoridades comunitarias, como o é tamén a exportación dos fosfatos saharauís polo Reino de Marrocos. Unha explotación ilícita que Marrocos intentou agochar, sen ir máis lonxe, prohibindo a entrada dun grupo de eurodeputados, entre eles a propia Senra, a El Aaiún no curso dunha visita a colectivos e activistas saharauís.

Cabe lembrar tamén que xa en decembro de 2016, outra sentenza do TXUE declarou que o Acordo de Asociación de 1996 e o Acordo de liberalización en materia de produtos agrícolas, pescado e produtos de pesca de 2012 non podían aplicarse ao Sáhara Occidental.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies