AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra esixe no pleno do Parlamento Europeo medidas políticas contundentes na loita contra os lumes

25 Outubro, 2017 agricultura, forestal, GUE/NGL, incendios, Lidia Senra, lumes, medio rural
  • Reuniuse hoxe co responsábel no Consello de Europa do seguimento dun catálogo que sinala eucaliptos e piñeiros como  especies invasoras
  • Reiterará no pleno a necesidade de incidir na prevención dos lumes e garantir o establecemento de operativos públicos e profesionalizados

lume 

Estrasburgo,  25 de Outubro 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) reuniuse hoxe co director do Departamento de Cultura, Natureza e Patrimonio do Consello de Europa, Eladio Fernádez-Galiano, responsábel nesta institución  do seguimento do Convenio de Berna relativo á conservación da vida silvestre e do medio natural. 

No marco deste convenio, o Consello de Europa está a tentar dende hai tres anos aprobar un  “Código de Conduta sobre Bosques Cultivados e Árbores Alóctonas” -de cumprimento voluntario-, que inclúe como especies invasoras algúns tipos de eucalipto e piñeiro. Tanto as patronais da industria da madeira como o propio Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente español están a exercer moita presión para que este código de conducta non se aprobe. De feito, o texto xa foi revisado tres veces por parte dos 47 Estados membro do Consello de Europa.

Durante este intercambio de opinións, a eurodeputada galega expúxolle a Fernández-Galiano que “é totalmente imprescindíbel acabar co monocultivo do eucalipto”, para o que sería moi importante lograr a inclusión do eucalipto e o piñeiro na actual  listaxe de especies exóticas e invasoras da propia Comisión Europea.  “Entendemos que a vaga de incendios na Galiza e Portugal xa deixou máis que claro que os lumes son unha cuestión de saúde pública, e o seu control ten que estar moi por riba das presións dos Estados ou da patronal madeireira”.

Ademais desta xuntanza, Lídia Senra participará esta noite no debate sobre os lumes que terá lugar durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo, no cal esixirá “unha actuación decidida que poña fin ao negocio do lume”. Este debate foi introducido na orde do día  impulsado dende algúns grupos parlamentarios, como a propia Senra solicitou facer ao GUE/NGL xa o pasado luns 16 de outubro.

A eurodeputada galega, que tamén onte interveu na reunión do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica para informar sobre a situación dos incendios na Galiza, aproveitará a súa quenda no debate da Eurocámara para incidir en que o xeito máis eficaz de combater os lumes é a prevención, reiterando a necesidade de realizar máis esforzos neste sentido. Así mesmo, subliñará unha vez máis a necesidade de contar con operativos de prevención  de incendios “totalmente públicos e profesionalizados que poñan fin dunha vez por todas á actual precariedade laboral e dignifiquen a profesión dos bombeiros e bombeiras forestais ”.

“O abandono do medio rural provocado por anos de políticas agrarias que expulsaron ao campesiñado é a causa principal do avance do lume”, analiza responsábel para o GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, polo que durante o debate desta noite tamén instará á Unión Europea a “promover e apoiar decididamente a supervivencia e instalación de explotacións agrarias en todo o territorio”, tanto a nivel económico como eliminando trabas administrativas.

Como medidas concretas, Senra demandará unha aposta política clara pola recuperación da actividade agrícola e  as terras agrícolas forestadas, así como o mantemento de tarefas de limpeza dos montes durante todo o ano, a eliminación de eucaliptos e piñeiros da contorna das aldeas e vivendas, e a recuperación dos bosques autóctonos e a súa multifuncionalidade,  incluída a introdución de rabaños de vacas, ovellas ou cabras.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies