AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lidia Senra denuncia na CE que na Illa de Ons se seguen a realizar desaugadoiros directos ao mar sen depurar.

26 Xullo, 2017 Comisión Europea, contaminación, GUE/NGL, Lidia Senra, parquenacionalillasatlanticas

illadeons

 

  • A eurodeputada recolle as demandas do persoal da Illa que asegura que, a pesar de levar varias obras de mellora na estación depuradora, segue funcionando de forma insuficiente.
  • O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) financiou nun 80% a mellora das instalacións da depuradora.

Santiago, 26 de xullo de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea que a estación depuradora da Illa de Ons funciona mal e que se seguen producindo desaugadoiros directos ao mar. Senra presentou esta semana un escrito dirixido á CE dando conta desta situación. Tendo en conta que a última mellora do 2014 foi financiada nun 80% por fondos FEDER, Senra decidiu levar o tema á UE con fin de que o ente comunitario valore como se están a investir os fondos europeos.

No seu escrito, Senra explica que a Illa de Ons está situada na área protexida do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e que está dentro da Rede Natura 2000, incluíndo a zona ZEPA ES00000254 da Directiva de Aves 79/409/CEE e a Zona Especial de Conservación ZEC ES40004. O problema coa depuradora vense arrastrando desde hai máis dunha década, con varias melloras que son insuficientes.

Ante esta situación, Senra pídelle a CE que se pronuncie sobre o tema, instándoa a que á vista destes datos se interese ante as autoridades do Estado español e da Xunta para solventar esta situación. A Comisión Europea debería  dar resposta a este escrito de Lidia Senra nun prazo de entre 4 e  6 semanas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies