AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lidia Senra denuncia na CE que o Pazo de Sober recibiu fondos FEDER e un préstamo do BEI, e que non consta que foran devoltos pola empresa beneficiaria , Alvaher 98, S.L.

4 Agosto, 2017 GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pazo de sober
  • A eurodeputada recolle a preocupación manifestada polo mal uso dos Fondos FEDER e dos préstamos do IGAPE, con financiación do Banco Europeo de Inversións (BEI)
  • Alvaher 98, S.L. foi fortemente apoiada polas distintas administracións públicas.

 

Santiago, 04 de  agosto de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea que a empresa Alvaher 98, S.L., promotora dun hotel de “gran luxo” no Concello de Sober (Lugo), entrou en concurso de acredores fai máis dun ano e non consta información sobre  se esta empresa devolveu as subvencións e o préstamo concedido ao erario público.   Senra presentou esta semana un escrito dirixido á CE dando conta desta situación.

No seu escrito, Senra dá conta das subvencións que percibiu esta empresa segundo os propios informes da Xunta de Galiza. Resalta que non é sinxelo saber exactamente todas as subvencións que cobrou  Alvaher porque en algún caso houbo gasto descertificado pola propia administración e noutros (a Estatal) non se chegou a pagar porque non se cumpriron os requisitos.  En calquera caso, consta unha subvención de 887.619, 98 euros con cargo ao Programa Operativo FEDER de Galiza 2007-2013, entre outras, e un préstamo de 2,5 millóns de euros concedidos polo IGAPE coa financiación do Banco Europeo de Inversiós (2007-2010).

Este proxecto foi fortemento apoiado por todas as administracións públicas, falando deste hotel de “gran luxo” coma un revulsivo económico para o Concello de Sober e para a Comarca. Haberá que cuestionarse logo, os estudos que se lle solicitan a estas empresas para demostrar a viabilidade destas grandes inversións.

Ante esta situación, Senra pregúntalle a Comisión se é coñecedora destes feitos e pídelle  información sobre a devolución destes fondos . A Comisión Europea debería dar resposta a este escrito nun prazo de entre 4 a 6 semanas.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2026
M T W T F S S
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies