AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “A sustentabilidade nunca será posible desde unha perspectiva de políticas neoliberais”

8 Xullo, 2017 despoboamento do rural, enerxía, GUE/NGL, Lidia Senra, patriomonio arqueolóxico, Pontevedra, recursos hidrolóxicos, sustentábel, sustentabilidade, termal, territorio, xestión, xornada
  • A eurodeputada abriu en Pontevedra este sábado a xornada ‘A xestión sustentábel do territorio. Debate para avanzar na Galiza e Europa’ 
  • Acusa á Administración europea, estatal e galega de levar anos tomando a decisión de pór os recursos en mans de multinacionais

 20170708_121037

Pontevedra, 08 de xullo de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), abriu este sábado pola mañá na Casa das Campás, en Pontevedra, a xornada “A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa”, impulsada e organizada por ela mesma en colaboración coas asociacións Anova Terra, Irmandade Illa de Tambo, Colectivo pola Defensa do Patrimonio A Forneiriña, Umia Vivo e Plataforma pola Defensa do Patrimonio Termal. Senra amosou o seu convencemento de que “ sustentabilidade non é nin será posible desde unha perspectiva neoliberal”, xa que todas as políticas que o neoliberalismo puxo en marcha baixo o nome de sustentábeis “en realidade foron encamiñadas a pór os recursos dos pobos en mans das multinacionais e polo tanto, de sustentábeis non teñen nada”.

A parlamentaria considerou que cada vez estamos asistindo a máis políticas que van contra a sustentabilidade ambiental, social e económica e asegurou que “chegamos a esta situación” polo “desleixo e abandono” por parte das Administracións, é dicir, pola “decisión política das Administracións de non actuar, de deixar que todo o territorio se deteriore, porque levan moitos anos, tanto as institucións europeas como as estatais e as galegas poñendo os nosos recursos nas mans das multinacionais e de empresas e persoas alleas ao noso pobo, para o que precisan o balierado do medio rural, cosa que están facendo a través das políticas agrarias, forestais e co desmantelamento dos servizos públicos básicos”, denunciou.

Senra intentou volver a vista atrás e facer ao auditorio pensar no que pasou nestas últimas décadas. “As políticas van encamiñadas a que abandonemos o rural, a que abandonemos o noso pobo para que poidan entrar as grandes empresas e seguir roubando, espoliando os nosos recursos”, dixo. Así, lembrou as loitas que se deron na Galiza contra os embalses, nas que o pobo intentou que “non se asolagasen os nosos vales e que non se entregaran ás grandes hidroeléctricas”, por exemplo. “Moitas veces falamos de como se está destruíndo o bosque na Amazonia, pero se miramos aquí vemos que está pasando o mesmo, que o neoliberalismo foi orientando as políticas para converter os bosques en zonas de cultivo forestal que beneficie a intereses alleos a nós, vémolo aquí coa invasión dos eucaliptos, para abastecer a industrias contaminantes”, asegurou. Neste sentido, reclamou unha vez máis que o eucalipto sexa declarado “especie invasora” pola UE.

Fronte a esta situación, Lídia Senra dixo estar “profundamente convencida” de que so desde unha perspectiva nacionalista e de esquerda, pensando en clave nacional, social e de país, se poden dar solucións a esta problemática. Se non somos quen de poñer alternativas enriba da mesa, ninguén o vai facer por nós”, advertiu.

Así, a europarlamentaria fixo mención a algunhas decisións totalmente insustentábeis tomadas en diferentes ámbitos da Administración e referiuse, por exemplo no Estado, á intención de montar unha granxa de 20.000 vacas de leite en Soria, “unha barbaridade que, de levarse a cabo, vai impactar nas pequenas e medianas explotacións nosas tamén”, dixo.

Relacionado co bosque, Senra referiuse á resolución debatida e aprobada recentemente no Parlamento Europeo sobre unha nova estratexia forestal para a UE. “Todas aquelas achegas que se fixeron desde o GUE/NGL no sentido de propoñer que se prohibira o uso de pesticidas no cultivo de forestais, porque son perigosos para a saúdo e contaminan a auga, foron rexeitadas”, denunciou. “E o mesmo cando propuxemos que se tiveran en conta formas de tenencia do monte como os montes veciñais en man común os ou baldíos en Portugal. Os grupos maioritarios da Eurocámara non o aceptaron tampouco, porque o neoliberalismo, baixo ese concepto de sustentabilidade,, o que está é apostando por unha estratexia para seguir concentrando os recurso e a riqueza nas mans das multinacionais”, recalcou.

Igualmente, Senra explicou que “cando falamos das relacións da UE con África, Caribe, Pacífico, tamén vemos o mesmo: Está a propoñerse que os fondos públicos que van para cooperación pasen a apoiar proxectos empresariais privados neses países. É dicir, poñer diñeiro público para apoiar os proxectos para que as grandes corporacións  continúen a espoliar os recursos deses países en beneficio das elites”, alertou.

Por iso, a deputada considerou “fundamental” ter clara unha política de ordenación e xestión do territorio, para posibilitar “o proxecto de desenvolvemento verdadeiramente sustentábel que queremos para o noso país” e considerou “moi importantes” as xornadas deste sábado en Pontevedra, xa que serven para “seguir debatendo e poder aglutinar propostas para levar ás institucións nas que estamos presentes, en definitiva, para avanzar”, concluíu.

A xornada prolongaranse durante todo o día, coas intervencións de Pedro Mota e Costa, chegado de Portugal, docente de Ensino Superior e asesor de Xestión Autárquica e Finanzas Locais; Eduardo José Corbelle Rico, enxeñeiro de Montes e profesor universitario de Enxeñaría Agroforestal no Campus de Lugo; Belén Fervenza, responsable do sector de horta, froita e flor do Sindicato Labrego Galego (SLG); María Ángeles Ríos Pintos, da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra; Heitor Picallo Fuentes, enxeñeiro e investigador, membro da Plataforma pola Recuperación do Patrimonio Termal de Cuntis e Caldas de Reis; Telma Lago Rodríguez, da Cooperativa Nosa Enerxía; .Antonio Costa, presidente da Asociación Irmandade Illa de Tambo; e Xesús Rodríguez Castro, presidente da Asociación Umia Vivo.

O despoboamento no rural, a xestión dos recursos hidrolóxicos, enerxéticos e o abandono do patrimonio arqueolóxico están a ser os principais temas de debate. As xornadas están a ser gravadas en vídeo e nos próximos días estarán a disposición pública as intervencións íntegras de todos os relatores a través da canle de Youtube e das redes sociais de Lídia Senra.

20170708_103531

20170708_121451

20170708_113308

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies