AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama en galego no Parlamento Europeo o cumprimento da Carta Europea das Linguas

13 Xuño, 2017 Antonio Tajani, Carta Europea das Linguas, fala, galego, GUE/NGL, Lidia Senra, lingua, nacións sen Estado, Parlamento Europeo
  • A eurodeputada tomou a palabra no hemiciclo para denunciar na fala propia que Xunta, Estado e UE non garanten os dereitos lingüísticos 
  • Sumouse a unha iniciativa conxunta na que por primeira vez no que vai de lexislatura tamén se escoitou no pleno intervir en catalán e vasco

 

Estrasburgo, 13 de xuño de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), tomou a palabra este luns pola noite no pleno do Parlamento Europeo, que se está a desenvolver esta semana en Estrasburgo, para facendo uso da lingua propia e coincidindo co 25 aniversario da adopción da Carta Europea das Linguas Rexionais, Minoritarias ou Minorizadas denunciar que pasado un cuarto de século nin a propia UE, nin o Goberno do Estado nin o galego están a garantir os dereitos lingüísticos que se recollen no citado documento.

A parlamentaria denunciou en galego “a vulneración sistemática da Carta Europea por parte das autoridades da Galiza e do Estado español” e reclamou a necesidade de que as autoridades competentes, facendo especial fincapé no Goberno da Xunta, derroguen todas as actuacións contra a lingua galega postas en marcha nos últimos anos, entre elas o Decreto do ensino.

“A Xunta e o Estado veñen levando a cabo prácticas que supoñen un desprezo intolerable á nosa lingua así como a vulneración dos nosos dereitos lingüísticos por parte de quen ten a obriga de protexela e poñer os medios para garantir a plena normalización do galego e o seu uso en todos os ámbitos”, dixo Lídia Senra. “Esiximos ao Estado e ás autoridades galegas que respecten e apliquen a Carta Europea das Linguas e instamos ao Parlamento Europeo e ao seu presidente Antonio Tajani a que garanta o pleno recoñecemento da lingua galega nesta Cámara e os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos”, engadiu.

A día de hoxe, o Parlamento Europeo segue sen posibilitar que as eurodeputadas e eurodeputados de nacións sen Estado con lingua propia, ou de lugares con lingua minoritaria, poidan expresarse no seu idioma con normalidade, xa que non se permite que os servizos de interpretación da Cámara realicen as traducións necesarias para que o resto de membros poidan entender o que se está a falar. A iniciativa conxunta de denuncia de onte pola noite na Eurocámara foi secundada por deputados e deputadas de diferentes nacións e supuxo que por primeira vez no que vai de lexislatura se escoitaran intervencións no pleno tamén en vasco e en catalán, por exemplo.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies