AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A Oficina de Información do Parlamento Europeo no Estado ponse ao servizo do Partido Popular

2 Xuño, 2017 Gabriel Mato, GUE/NGL, Lidia Senra, medidas técnicas, Parlamento Europeo, pesca, recursos pesqueiros, Rosa Quintana
  • Un acto co sector pesqueiro organizado por esta oficina hoxe en Santiago só conta coa presenza do eurodeputado do PP Gabriel Mato 
  • A europarlamentaria galega Lídia Senra lembra que esta é “práctica habitual do PP” e que non é a primeira vez que ocorre 

mato-avisa

Bruxelas, 2 de xuño de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusa á Oficina de Información do Parlamento Europeo en España de ignorar aos eurodeputados e eurodeputada galegos membros da comisión de Pesca nun acto que ten lugar hoxe venres en Santiago e no que se debate sobre a proposta de Regulamento sobre a conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas. 

Senra critica que o programa do evento non inclúa máis que a presenza de Gabriel Mato, eurodeputado popular e relator do informe de medidas técnicas mediante o cal o Parlamento Europeo fixará a súa postura sobre dita proposta de regulamento comunitario. Estarán, ademais, a conselleira de Mar, Rosa Quintana, un portavoz da Dirección Xeral de Mar da Comisión Europea e representantes do sector.

“Non temos nada que obxectar a que Gabriel Mato, como relator do informe, explique en Galiza a proposta da Comisión Europea e a súa postura sobre o futuro regulamento de medidas técnicas, pero lamentamos que non se teña en conta, por parte da Oficina do Parlamento Europeo no Estado, a pluralidade existente na comisión de Pesca; xa que o documento aínda non foi aprobado, está en fase de achegas, e polo tanto a visión que pode dar Gabriel Mató é a súa como relator. Para fixar a posición do Parlamento, aínda terá que aprobarse na comisión de Pesca primeiro e finalmente no Pleno”, sinala Senra.

A Oficina de Información do Parlamento Europeo no Estado Español non debería organizar reunións de carácter partidista  ignorando a pluralidade do Parlamento comunitario. “Un ente destas características non pode dar voz soamente a unha parte”, afirmou Lídia Senra.

Non é a primeira vez que o PP é a única voz nas reunións sobre o informe de medidas técnicas. No verán de 2016, o Consello Galego de Pesca reuniuse para abordar o futuro regulamento e ao encontro só foi convidado, nun novo uso partidista deste ente, o eurodeputado Gabriel Mato.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018
Carta a Vella sobre o reparto de cotas de xarda_WEB

Senra pide á CE a carta coa que o Estado español xustifica a discriminación da Galiza no reparto de cotas

28 Novembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies