AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Defendemos un reparto de TACs que priorice os criterios socioeconómicos para evitar a ruína pesqueira

14 Decembro, 2016 AGEe, Lidia Senra, pesca, reparto de cotas, sector pesqueiro, TACs, UE
  • Lídia Senra considera que o principio de estabilidade relativa na asignación de cotas acaba con postos de traballo no sector 
  • A eurodeputada lamenta que as frotas artesanais e de baixura, que son o 80% dos barcos galegos, resultan sempre prexudicadas polo reparto 

Estrasburgo, 14 dedecembro de 2016.Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), considera que o reparto das cotas límites de captura (TACs) acordados esta madrugada en Bruxelas polos ministros de Pesca da UE confirman a discriminación que ano tras ano sofre a frota galega, o primeiro país pesqueiro da UE, debido “a un reparto das posibilidades de pesca que aboca á ruína ao sector e o futuro das comarcas pesqueiras galegas”.Os límites aplícanse ás principais poboacións de peixes de interese comercial no Atlántico e do Mar do Norte e das pesquerías internacionais nas que operen buques da UE.

Aprobados os TACs para as diferentes zonas de pesca e especies no vindeiro 2017, que supoñen, entre outras, unha baixada moi considerable das posibilidades de pesca do xurelo do Cantábrico (dun 23%) ou do rapante (dun 15%), Lidia Senra volveu chamar a atención sobre as consecuencias socioeconómicas dunha decisión que non ten en conta a capacidade pesqueira de Galiza. “A fixación dos TACs non pode converterse nunha ruína para o sector nin poñer en risco postos de traballo. Hai que primar un reparto que atenda a criterios socioeconómicos, tal e como establece o artigo 14 da Política Pesqueira Común (PPC), xunto á contribución á economía local  e aos criterios medioambientais”, pide a eurodeputada.

O coñecido como “principio de estabilidade relativa”, que se aplica dende os anos 80 para repartir os TACs en forma de cotas de pesca entre os Estados membros en función das súas capturas históricas, “discrimina á frota galega e debe ser revisado”, esixe Senra. Como consecuencia da aplicación deste principio, algunhas frotas da UE reciben máis cota da que poden consumir mentres que a galega, e moi especialmente a artesanal e de baixura, a duras penas pode garantir a súa actividade malia representar o 80% da frota de Galiza.

“O sector artesanal e de baixura teñen que poder vivir da súa actividade”, reivindica Lidia Senra, que no pasado mes de setembro reuniu en Bruxelas a unha vintena de representantes do sector artesanal galego nun seminario no que se analizou como a concentración das cotas nas mans da gran industria provoca o desmantelamento da parte do sector máis selectiva e de menor impacto medioambiental para os recursos pesqueiros. Ademais, a eurodeputada ve no prezo do peixe “outro factor importante” para o porvir do sector. “A pesca precisa uns prezos dignos que remuneren o traballo de forma adecuada, porque do contrario a cota será sempre escasa e o futuro dos recursos pesqueiros correrá perigo”, defendeu.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies