AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lidia Senra denuncia na CE que na Illa de Ons falta persoal e os medios cos que contan son escasos

13 Agosto, 2017 GUE/NGL, Illas Ons, Lidia Senra, Parlamento Europeo
  • A eurodeputada recolle as demandas do persoal da Illa que asegura que é insuficiente en Ons, e tamén en Sálvora e Cortegada. Os medios cos que traballa o persoal son escasos e están en pésimas condicións.
  • Estes feitos, sumados á denuncia polo mal funcionamento da depuradora, fan que non se cumpran as bases de protección ambiental.

 Visita a Ons

 

Santiago, 11 de agosto de 2017. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea, por segunda vez este verán, deficiencias no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.  Esta  denuncia refírese ao pouco persoal e aos poucos medios cos que contan.

Na illa de Ons hai 3 funcionarios e 3 laborais durante todo o ano, quedando en ocasións unha soa persoa traballadora na Illa, co risco que este feito supón.  En Sálvora e Cortegada, só hai un laboral por quenda. As contratacións que se fan acostuman ser de TRAGSA, que ofrece brigadas de incendios, pero estas brigadas asumen competencias que non lles corresponden. Non se cobren as baixas. Tampouco dispoñen de convenio propio. Polo que respecta aos medios, son escasos e están en pésimas condicións para realizar o traballo.

No escrito presentado,  noméanse tamén outras carencias ou prácticas pouco axeitadas: Masificación na época estival, convocatorias de prácticas deportivas  en época de cría de aves nunha zona de especial sensibilidade, voluntariado que pretende suplir a falta de persoal pero  que provoca  máis traballo para o persoal existente.

Ante esta situación, o persoal reclama máis efectivos e máis medios para que se cumpran as bases de protección ambiental nun espazo tan sensible coma este. Senra pídelle a CE que se pronuncie sobre o tema, instándoa a que, á vista destes datos, se interese ante as autoridades da Xunta para solventar esta situación, posto que a xestión do Parque é a súa responsabilidade.  A Comisión Europea debería  dar resposta a este escrito de Lidia Senra nun prazo de entre 4 e  6 semanas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies