AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?”

23 Xaneiro, 2018

 Trinta activistas galegas/os polo dereito a pensións dignas participarán o vindeiro martes 30 nunha xornada de debate no Parlamento Europeo

As deputadas do GUE/NGL Senra, Sakorafa e Chountis promoven este encontro que partirá das experiencias de países intervidos pola Troika

0001

Bruxelas, 23 de Xaneiro de 2018. Baixo o título “Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?” a eurodeputada galega Lídia Senra e @s greg@s Sofía Sakorafa e Nikos Chountis, integradas no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), coordinaran o vindeiro martes 30 unha xornada de debate no Parlamento Europeo (PE) en Bruxelas. Dende Galiza desprazaranse trinta persoas do ámbito da loita social a prol do sistema público de pensións para participar neste evento na Eurocámara.

 

“Con esta xornada queremos socializar información e experiencias de países que sufrimos a violencia económica das medidas de austeridade. Imos compartir propostas e liñas de traballo para garantir sistemas públicos de pensión sostíbeis e protexidos da instrumentalización e destrución operada por certos Gobernos,  como está a pasar co do Partido Popular nestes momentos no Estado español”, abondou Senra. “Está claro que a tentativa de rematar co sistema público de pensións forma parte dun plan para ir  preparando o terreo cara a súa privatización e favorecer o lucro de empresas privadas. É  unha estratexia neoliberal que estamos a percibir a nivel de toda a Unión Europea e que agudiza inda máis a vulnerabilidade das clases populares”.

O evento desenvolverase arredor de dous eixos principais. No primeiro panel, introducido pola eurodeputada grega Sofía Sakorafa, exporanse experiencias tendo en conta o retroceso en materia de dereitos sociais provocada pola intervención da Troika nos países do sur da UE. As claves iniciais virán da man do sindicalista, docente e economista galego Xabier Pérez Dávila; do tamén docente e asesor da Marea Pensionista de Catalunya, Ramón Franquesa e do ex-Secretario Xeral de Seguridade Social do Ministerio de Traballo, Seguridade Social e Benestar de Grecia, Giorgos Romanias, especialista en Dereito laboral.

 

Lídia Senra dará inicio á segunda parte da xornada, na que se buscará deseñar propostas concretas para poder garantir a sostenibilidade dos sistemas públicos de pensións. A integrante do Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas e voceira da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, Victoria Portal Mariño, dará conta das mobilizacións sociais levadas a cabo nestes últimos anos e concretará as demandas específicas plantexadas dende a cidadanía para salvagardar o sistema público de pensións. As súas propostas serán completadas cas achegas de Dimitris Stratoulis, ex Viceministro grego de Seguridade Social (Grecia) e polo Instituto Sindical Europeo (representante pendente de confirmación).

 

As conclusións e puntos clave do encontro serán compilados polo eurodeputado Nikos Chountis, encargado de pechar o evento.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies