AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Xornada sobre programas da UE para o desenvolvemento das zonas de alta montaña, este sábado na Pobra do Brollón

2 Maio, 2017 Aceites Figueiredo, alta montaña, Caurelor, Courel, desenvolvemento rural, GDR, GUE/NGL, Lidia Senra, montaña, PDR, Souto Vivo, UE
  • Lídia Senra organiza o 6 de maio, na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, distintas mesas informativas e tamén con perspectiva crítica sobre os PDR e os GDR 
  • Todos os relatorios e debates están abertos ao público, sen necesidade de inscrición previa, e neles intervirán diferentes responsables de proxectos produtivos e asociativos

Print 

Santiago, 2 de maio de 2017.  A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), organiza este próximo sábado, 6 de maio, no Salón de Actos da Casa da Cultura “Olga Novo” da Pobra do Brollón (Lugo), unha xornada sobre Programas da UE para o desenvolvemento das zonas de alta montaña. O evento, que está aberto a todos os públicos sen necesidade de inscrición previa, prolongarase durante todo o día co desenvolvemento de varias mesas informativas e de debate.

A xornada comezará ás 10:30 horas e será Ana Rodríguez Vázquez, ex xerente de Programas de Desenvolvemento Rural e ex responsable de Desenvolvemento Rural do Sindicato Labrego Galego (SLG), a encargada de dar unha conferencia sobre os Programas de Desenvolvemento Rural (PDR) a nivel europeo e os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) na Galiza. Rodríguez Vázquez explicará en que consisten estes proxectos e grupos e o que poden aportar ás zonas de alta montaña galega. Víctor Álvarez Arias, membro de LugoNovo, introducirá esta mesa e encargarase da moderación.

Xa ás 12:30 horas, a propia Lídia Senra ofrecerá unha conferencia sobre a “Resolución do Parlamento Europeo sobre as áreas de montaña”. “A montaña, ademais de todo o que aporta á sociedade en termos de biodiversidade, paisaxe e auga, podería ser tamén unha fonte de e emprego sustentable e de calidade, pero para iso é imprescindible articular políticas públicas específicas para o desenvolvemento das mesmas”, defende Lídia Senra. A eurodeputada argumenta que “é imprescindible manter as explotacións agrarias e hai que promover a instalación de novas explotacións, como base dun desenvolvemento sustentable da montaña”. Tamén chama a “blindar os servizos públicos nestas áreas” como necesidade prioritaria.

Tras a parada para xantar, a xornada continuará pola tarde, ás 16:30 horas, cunha mesa redonda de experiencias e proxectos que se están a levar a cabo en diferentes lugares de alta montaña galega. Nela intervirán Roi Estévez, membro da Asociación veciñal e cultural de Vieiros (Quiroga) e presidente de Souto Vivo; Verónica Núñez e Daniel Arza, responsables de Caurelor; Miguel Ángel Figueiredo, responsable de Aceites Figueiredo; e Martín Alemparte, director xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel, que explicará o proxecto da candidatura Montañas do Courel a Xeoparque Mundial da UNESCO. 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies