AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Xornada informativa e de debate en Bande para poñer en valor o patrimonio cultural e histórico da Vía Nova

24 Abril, 2017 Arnau, Bande, cultura, Davide Pérez López, GUE/NGL, Lidia Senra, Miliarios romanos, patrimonio, Vía Nova, Xurés
  • Lídia Senra organiza o 29 de abril unha xornada para visibilizar este camiño primitivo que une Braga con Astorga pasando polo sur galego e denunciar a falta de atención das Administracións 
  • O evento, de acceso aberto a todos os públicos, o último sábado deste mes, incluirá relatorios de persoas expertas na materia pola mañá e un roteiro pola serra do Xurés pola tarde para visitar a zona directamente

 Programa Xornada Via Nova son horarios

Santiago,24 de abril de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), organiza este sábado 29 de abril en Bande (Ourense), en colaboración coa Asociación de Montaña Arnau, unha xornada informativa e de debate para poñer en valor a Vía Nova como un camiño de Europa. Trátase de visibilizar e denunciar a situación de abandono na que as Administracións manteñen este camiño primitivo de enorme valor patrimonial e cultural que une Braga con Astorga, pasando polo sur galego.

A xornada, de acceso aberto e sen necesidade de inscrición previa para todos os públicos, pretende reflexionar sobre a quen lle interesa a falta de posta en valor da Vía nova, unha situación de desleixo por parte das Administracións estatal e galega que está directamente ligada co abandono do rural, denuncia Lídia Senra. “Estamos a falar dun camiño primitivo de enorme valor patrimonial e cultural que debería ser coidado e aprezado e coñecido xa non só na Galiza, senón en toda Europa”, defende a eurodeputada.

Diferentes asociacións ao longo de todos os lugares polos que pasa a Vía, desde Portugal, até a Baixa Limia, Celanova, Alto Arnoia, Terras de Caldelas, Montaña de Trives, Valdeorras e o Bierzo, levan tempo traballando a favor da promoción deste camiño e da súa recuperación. No horizonte inmediato está reclamar que a Vía Nova sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Para iso, cómpre unha maior visibilización e protección e recuperación e é nese contexto no que se celebrará esta xornada a última fin de semana deste mes de abril.

“Que a xente coñeza a Vía Nova é fundamental, ao igual que abrir unha reflexión sobre o abandono no que se atopa o patrimonio cultural europeo e o rural. Necesitamos abrir puntos de encontro entre todas as persoas que traballamos porque esta realidade mude”, afirma Lídia Senra.

A xornada comezará este sábado ás 9:30 horas da mañá, no Salón de Actos do Concello de Bande, e a apertura correrá a cargo da propia Lídia Senra. Durante a mañá desenvolveranse dúas mesas de exposicións e coloquio. A primeira será ás 10:15, baixo o título “Que é a Vía Nova e cal é o seu legado como patrimonio cultural europeo”. Nela intervirán como relatores Santiago Ferrer Sierra, arqueólogo de Valdeorras, pertencente ao Grupo Arqueolóxico Larouco; Manuel García Valdeiras, arqueólogo profesional da Limia; e Manuel Rivero Pérez, antropólogo e voluntario social. Davide Pérez López, arqueólogo e vogal da Cultura da Asociación Arnau será o encargado de moderar as intervencións.

Ás 12:00 comezará a segunda mesa temática, baixo o título “Na procura dun futuro viable para a Vía Nova. Experiencias desde o asociacionismo e o ámbito empresarial”. Nela tomará a palabra Marta Delgado González, responsable de Mira Xurés; Toño Monteiro, escultor e membro da Asociación Medioambiental Xuresianos-Geresianos AXUGE; e Xavier Perdiz, presidente da Asociación de Montaña Arnau, entre outros. O deputado ourensán no Parlamento Galego e ex alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez, será o encargado de moderar e presentar este coloquio.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas, comezará un percorrido a pé pola Vía Nova. O punto de quedada para o inicio do roteiro será nos Miliarios Romanos da Ponte Nova, na serra do Xurés. O traxecto a pé comprenderá ao redor de 3 quilómetros, con diferentes paradas explicativas ao longo do camiño.

Cartel vertical Xornadas Via Nova

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies