AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Xornada de análise e debate en Pontevedra sobre como acadar a xestión sustentábel do territorio na Galiza e na UE

29 Xuño, 2017 auga, GUE/NGL, Lidia Senra, patrimonio, Pontevedra, rural, termal, territorio, xestión sustentábel
  • A eurodeputada Lídia Senra organiza este evento, que será o sábado 8 de xullo na Casa das Campás, en colaboración con varias asociacións 
  • Aberto a todos os públicos, sen necesidade de inscrición previa, reunirá a expertos en solos agrogandeiros e forestais, recursos hidrolóxicos e patrimonio termal e arqueolóxico

NOTICIA WEB_520x254_XESTIÓN territorio 

Pontevedra, 29 de xuño de 2017. A cidade de Pontevedra acollerá o sábado 8 de xullo unha xornada de análise sobre como lograr “A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa”. O evento, que estará aberto á asistencia de todas as persoas que o desexen, sen necesidade de inscrición previa, está organizado pola eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL),en colaboración coas asociacións Anova Terra, Irmandade Illa de Tambo, Colectivo pola Defensa do Patrimonio A Forneiriña, Umia Vivo e Plataforma pola Defensa do Patrimonio Termal. A xornada desenvolverase a partir das 10:00 horas da mañá na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9, Pontevedra), e prolongarase até as 19:30 horas da tarde, con varios coloquios.

O obxectivo, en palabras da propia Senra, é “reflexionar sobre a falta de respecto cara ao territorio que está a amosar a Administración galega e a estatal e o desleixo e incluso ataques que está a sofrer o patrimonio arqueolóxico e cultural, os solos agrogandeiros e as augas termais e recursos hidrolóxicos da Galiza”. “A conservación e xestión sustentábel do territorio debe ser unha prioridade na Galiza e en toda a Unión Europea e para iso fai falta poñer enriba da mesa con claridade os problemas que hai a día de hoxe nesta materia, debatelos e buscar alternativas e solucións de futuro”, dixo a parlamentaria.

A xornada arrancará pola mañá cun relatorio de Pedro Mota e Costa, chegado de Portugal, docente de Ensino Superior e asesor de Xestión Autárquica e Finanzas Locais, que versará sobre a “Promoción da sustentabilidade local a través de discriminación financeira positiva” e falará do caso luso. A continuación, Eduardo José Corbelle Rico, enxeñeiro de Montes e profesor universitario de Enxeñaría Agroforestal no Campus de Lugo; e unha representante do Sindicato Labrego Galego (SLG), falarán sobre “O despoboamento do rural: Un problema europeo a afrontar. Alternativas para a xestión do solo para usos agrogandeiros e forestais”.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas terá lugar unha mesa sobre “A xestión dos recursos hidrolóxicos. O aproveitamento enerxético dos caudais e os dereitos públicos e veciñais sobre as augas e o patrimonio termal”, a cargo de Heitor Picallo Fuentes, enxeñeiro e investigador, membro da Plataforma pola Recuperación do Patrimonio Termal de Cuntis e Caldas de Reis; e Telma Lago Rodríguez, da Cooperativa Nosa Enerxía. E para rematar, pechará a xornada un coloquio sobre “Ameazas que afectan ao patrimonio cultural arqueolóxico. Propostas fronte ao esquecemento”, con Antonio Costa, presidente da Asociación Irmandade Illa de Tambo; e Xesús Rodríguez Castro, presidente da Asociación Umia Vivo.

dipticoA4_XESTIÓNterritorio_rrss (1)

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2026
M T W T F S S
« Mai    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies