AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Urximos á UE a desenvolver as medidas de protección para as zonas rurais e montañosas

3 Outubro, 2018

 

  • Senra abstense na votación do informe aprobado hoxe polo PE criticando a falta da determinación na protección das zonas montañosas
  • Canteiras do Caurel, monocultivo de eucaliptos na Fonsagrada, as obras do AVE en Laza e a destrución de servizos, denunciadas no pleno do PE

Estrasburgo, 03 de Outubro de 2018. O Parlamento Europeo, reunido en sesión plenaria en Estrasburgo durante esta semana, vén de aprobar hoxe unha proposta de resolución para abordar as necesidades específicas das zonas rurais, montañosas e remotas. A coordenadora do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) para a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, abstívose no seu voto ao considerar que non recolle un verdadeiro compromiso de actuación por parte das institucións comunitarias.

LidiaSenra_AreasRuraisMontanha_011018_
Intervención durante o debate da proposta de informe sobre áreas rurais e montañosas

“As montañas desempeñan un papel fundamental no subministro de auga doce no planeta e tamén xogan un papel importantísimo a nivel de biodiversidade”, recordou a eurodeputada galega na súa intervención no hemiciclo durante o debate desta resolución. Mais, sen embargo, e malia que as institucións comunitarias recoñecen en textos como o aprobado hoxe que as zonas rurais, montañosas e remotas constitúen o 80% do territorio, concentran máis da metade da poboación (o 57%) e representan o 46% do valor bruto engadido, “en moitas zonas da Unión Europea as montañas e as persoas que viven nelas están totalmente abandonadas; as administracións públicas, como no caso galego, case non adican recursos para o desenvolvemento e conservación destas areas e consenten todo tipo de agresións medioambientais que contaminan, teñen fortes impactos na paisaxe e expulsan ás persoas”. Ilustrando esta realidade, Senra plantexou situacións concretas deste desleixo: “Só no meu país, na Galiza, as canteiras no Courel, a reforestación con especies inadecuadas como eucaliptos en A Fonsagrada ou as obras do AVE en Laza son un exemplo do que acabo de describir”.

Con este panorama, ata as propias institucións comunitarias teñen claro que as dificultades para poder vivir nestas zonas están a expulsar á poboación, cas conseguintes consecuencias negativas para o coidado e transmisión do patrimonio natural e cultural que albergan.  A taxa de desemprego nas zonas non urbanizadas da UE aumentou do 7% ao 10,4% entre 2008 e 2012, e as persoas maiores de 65 años representan o 20% dunha poboación que, ademais, enfróntase a unha constante destrución de servizos básicos. Fronte a esta realidade, urxe un compromiso real por parte da UE cas zonas rurais, montañosas e remotas, reivindicou Senra: “O despoboamento destas áreas e alarmante. Manter e conservar todo o que nos aportan as montañas á sociedade so será posíbel con actuacións políticas decididas que fomenten un desenvolvemento da actividade agraria baseada no modelo agroecolóxico e con fortes apoios para a instalación das persoas nestas actividades. É urxente  blindar os servizos públicos de calidade, gratuítos e accesíbeis para todas as persoas.”

Na súa intervención ante o pleno do Parlamento Europeo e a Comisaria Europea de Política Rexional, Corina Crețu, a eurodeputada galega criticou tamén a falta de acompañamento con medidas reais que desenvolvan os textos cargados de boas intencións que as institucións comunitarias adican a estas áreas que, segundo a xerga comunitaria, son fundamentais para un desenvolvemento territorial “equilibrado” en Europa. “En maio de 2016, aprobamos neste Parlamento unha resolución sobre a política de cohesión nas rexións montañosas da UE. A min gustaríame saber se a Comisión e os Estados están implementando algunha das súas recomendacións”, cuestionou Lídia Senra.

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies