AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Unha vintena de mariñeirxs galegxs irán a Bruxelas para abordar no Parlamento Europeo os problemas da pesca

5 Setembro, 2016 AGE, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, PCP, pesca artesanal, Sinn Féin, UE
  • Debaterán mércores e xoves no seminario ‘Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala’ organizado polo GUE/NGL, AGE, Sinn Féin e PCP 
  • Lídia Senra destaca a importancia deste tipo de citas internacionais para loitar polo desenvolvemento dun sector pesqueiro sustentable mundial

Cartel galego seminario pesca artesanal PE setembro 2016

Santiago, 5 setembro 2016. Ao redor dunha vintena de mariñeiros e mariñeiras de Galiza desprazaranse a Bruxelas esta semana para abordar no Parlamento Europeo xunto a traballadoras e traballadores do mar de Irlanda e de Portugal os actuais problemas que padecen as frotas pesqueiras e mariscadoras dos diferentes países. O encontro e debate europeo terá lugar este mércores e xoves, no marco do seminario internacional “Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala” organizado polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e coordinado pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) Lídia Senra, en colaboración co grupo irlandés Sinn Féin e co Partido Comunista Portugués (PCP).

Ao longo dos dous días que se prolongará o citado seminario internacional sobre pesca artesanal en Bruxelas desenvolveranse varias mesas de debate: Unha delas será a que versará sobre as “Consecuencias da Política Pesqueira Común nas comunidades costeiras”, que moderará a propia Lídia Senra xunto a Liadh ní Riada, eurodeputada do Sinn Féin, e na que intervirá como relator Javier Castro, directivo da Confraría de Ferrol e armador de embarcación de baixura; xunto a John O’Brien, da Organización dos Recursos Mariños das Illas irlandesas; e Frederico Pereira, membro da mesa e do secretariado da Federación dos Sindicatos do Sector da Pesca de Portugal.

Tamén haberá representación galega na mesa sobre “O papel das mulleres na pesca”, na que Ángela García Torres, presidenta da Agrupación de Mariscadoras da Confraría de San Telmo de Pontevedra será relatora xunto a Lia Ní hAodha, investigadora da Universidade Metropolitana de Manchester.

Unha mesa sobre “Os impactos dos acordos internacionais de asociación pesqueira da UE na pesca a pequena escala” e outra sobre “Dereitos das e dos traballadores e seguridade no mar” completarán este intenso seminario que pretende poñer enriba da mesa europea a necesidade de loitar polo desenvolvemento dun sector pesqueiro sustentable, con postos de traballo dignos e que teña como prioridade conservar un mar cheo de vida.

Entre o grupo dunha vintena de persoas galegas que se desprazarán ata Bruxelas para asistir á cita irán, ademais dos relatores mencionados, unha delegación de Poio; outra de Corcubión; así como varios representantes da Asociación de armadores do cerco de Galicia Acerga; unha delegación de mariñeiros e mariñeiras de Ribeira; e tamén da Coruña e de Viveiro e da zona norte. 

A cita é de suma importancia tendo en conta que o sector pesqueiro representa case o 7% do PIB galego e que o 80% da nosa flota é de pesca artesanal e de pequena escala, sendo Galiza o lugar do Estado onde máis pesca deste tipo de concentra, cunha frota de aproximadamente 4.500 barcos.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies