AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Unha trintena de representantes da política municipal galega acoden esta semana ao Parlamento Europeo

4 Febreiro, 2019

 

  • A deputada Lídia Senra organiza a visita, para participar no encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas do GUE/NGL
  • O concelleiro de Teo Ignacio Iglesias, a das Pontes María Chao e o de Ribadumia Enrique Oubiña realizarán exposicións sobre xestión de residuos, especulación de vivenda e desigualdades salariais

 Santiago, 04 de febreiro de 2018. Case unha trintena de representantes da política municipal galega acudirán esta semana ao Parlamento Europeo. Farano nunha visita promovida pola eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, para participar no Encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (REALPE)[1], organizado polo propio GUE/NGL. Alcaldes, concelleiros/as e persoas con responsabilidades relacionadas co eido local de diferentes puntos da Unión Europea reuniranse nas xornadas en Bruxelas o xoves e o venres para intercambiar experiencias e análises baixo o título de ‘Vivenda, progreso social e derrota ao fascismo. Comunidades locais para outra Europa’.

 

Cartel Realpe 2019

Concretamente, na delegación galega participarán os alcades de Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal e Manzaneda, Marcos Besada, Xosé Lois Piñeiro e Félix Domínguez, respectivamente, así como o tenente de alcalde de Ribadumia, Enrique Oubiña; o concelleiro de Economía e Facenda de Cambados, Xurxo Charlín; a concelleira de Salceda de Medio Ambiente, Deportes, Xuventude, Voluntariado, Participación cidadá e Novas Tecnoloxías, Carla Pérez; o concelleiro de Benestar, Igualdade e Participación Veciñal en Teo, Ignacio Iglesias Villar; a concelleira das Pontes María Chao, os de Xunqueira de Ambía Sonia Vidal e Eladi Cid; a de Vilanova de Arousa Elena Cores; a de Lugo Cristina Pérez Herráiz; os de Arbo Manuel Álvarez e Baltasar Vallejo; a de Pontevedra María del Carmen Moreira; o de Trives Jorge Vázquez; ou o do Courel Óscar Carrete. Tamén viaxarán o voceiro de En Marea Ponte Caldelas, Rodrigo Márquez; a membro da Coordinadora da Marea de Noia, Consuelo Martínez; o ex tenente de alcalde de Corcubión Alfredo González; os membros da Coordinadora de Alternativa Canguesa de Esquerdas, Andrea Martínez e Xurxo González; a membro da Comisión de Garantías de En Marea e responsable da secretaría de Coordinación de Gañemos Vilanova, Concepción Rodríguez; o coordinador local de Sarria En Marea, Iván López; a coordinadora de Municipalismo e extensión territorial de En Marea, coordinadora tamén do grupo municipal de Ames Novo, Ana Seijas; a membro de Son de Trives Ana García; a ex concelleira de Vivenda de Ourense, Iolanda Pérez; e o deputado de En Marea no Parlamento Galego Davide Rodríguez Estévez.

No programa do Encontro, haberá varios paneis de debate e coloquios. O primeiro deles terá lugar o xoves pola tarde, e estará centrado en ‘Vivenda social e especulación’. Nel intervirá a edil das Pontes María Chao, que explicará a situación que se vive na Galiza, apostando por defender o acceso a unha vivenda digna para todas as persoas como un dereito humano. Chao falará sobre as zonas que máis padecen a especulación urbanística e apostará polo ordenamento do territorio, a rehabilitación, e a implantación de políticas de vivenda e alugueiro público como saída. O panel será introducido pola eurodeputada do GUE/NGL e membro do Die Linke alemán Martina Michels e nel participarán ademais de María Chao, o belga Françoise Desmedt; o candidato a alcalde de Atenas Nasos Iliopoulos;  a membro do Parlamento de Berlín Katalin Gennburg;  o concelleiro francés en Bobigny José Moury;  a concelleira sueca en  Malmö, Emma-Lina Johansson; o irlandés Mark Ward; e a activista da Plataforma de Afectados polas Hipotecas e contra os Fondos Boitre no Estado español Mercedes Revuelta. A eurodeputada sueca do Left Party Malin Björk e a irlandesa do Sinn Féin Lynn Boylan encargaranse de moderar o debate e realizar as conclusións dese día.

Xa o venres pola mañá, desenvolverase un panel sobre ‘Facéndolle fronte ás desigualdades e propagación do fascismo en toda Europa, a visión progresista das nosas comunidades locais’. Nel está previsto que dous concelleiros galegos realicen exposicións. Un será o edil de Teo Ignacio Iglesias, que se centrará en explicar e denunciar a situación que se está a vivir no seu concello a raíz do proxecto de instalar unha planta de tratamento de residuos na antiga canteira de Casalonga, a costa do medio ambiente, da saúde e da calidade de vida das persoas e o papel que está a xogar o ente municipal e a mobilización social e veciñal. O outro galego será o tenente de alcalde de Ribadumia Enrique Oubiña, que realizará unha intervención centrada na importancia de loitar por uns salarios dignos que permitan unha vida digna para todas as persoas en calquera punto da UE. O eurodeputado grego de Syriza Dimitris Papadimoulis introducirá este panel, no que tamén participarán o concelleiro de Palermo Giusto Catania; a candidata a alcalde en Salónica Katerina Notopoulou; a escritora contra a extrema dereita Nazanin Armanian; e o membro do AKEL chipriota Stavros Yerolatsites. A eurodeputada francesa de Front de Gauche, Marie-Christine Vergiat, moderará o debate e a eurodeputada asturiana Ángela Vallina realizará as conclusións deste panel, para despois ser a galega Lídia Senra quen se encargue de facer as conclusións xerais de todo o encontro de REALPE deste ano.

[1] http://www.realpe-europa.eu/fr/

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies