AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Unha PAC para o campesiñado e a cidadanía”, 200 labregxs trasladarán as súas propostas á CE

17 Maio, 2018 GUE/NGL, Lidia Senra, PAC, política agraria común
  • Senra (GUE/NGL), en coordenación con Andrieu (S&D) e Häusling (Verdes/EFA) acolle un evento no PE en colaboración con La Vía Campesina
  • Arredor de 200 labregas/os -10 da Galiza- participarán no maior foro de debate civil sobre a PAC previo á  presentación da proposta da CE

230518_XornadaPE_PAC-768x286Bruxelas, 17 de Maio de 2018. A coordenadora do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, xunto cos coordenadores nesta comisión dos grupos da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas -o francés Eric Andrieu (S&D)- e dos Verdes/Alianza Libre Europea -o alemán Martin Häusling (Verdes/EFA)-, acollerán o vindeiro mércores 23 de maio o maior evento de debate social que vai ter lugar a nivel europeo antes da presentación oficial por parte da Comisión Europea da proposta de nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2017 -que previsibelmente terá lugar a finais deste mes ou principios de xuño-.

Baixo a reivindicación “Unha PAC para o campesiñado e a cidadanía”, este encontro será desenvolvido en colaboración coa coordinadora europea da organización social labrega global La Vía Campesina, que agrupa a máis de 200 millóns de persoas que viven en zonas rurais de todo o planeta, e da cal forma parte o Sindicato Labrego Galego (SLG) a nivel europeo na Galiza. De feito, dez galegas e galegos desprazaranse a Bruxelas a vindeira semana para participar neste acto, entre os que se inclúe a propia Secretaria Xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane.

Así, o vindeiro mércores arredor de 200 labregas e labregos chegados da Galiza, Portugal, Estado español, Lituania, Bélxica, Alemaña, Polonia, Suecia, Francia, Romanía, Letonia ou Austria terán a oportunidade de debater e intercambiar opinións directamente con representantes da Comisión Europea (CE), do Comité das Rexións (CdR) e do Comité Económico e Social Europeo (CESE).

O Director Xeral Adxunto da Dirección Xeral da Agricultura da CE, Rudolf Moegele, estará presente no panel “Por un medio rural vivo”, introducido polo eurodeputado Martin Häusling (Verdes/EFA),  onde tamén participará Gérard Choplin en representación do CdR e José Miguel Pacheco por parte do Comité Coordinador da Coordinadora Europea Vía Campesina (CEVC). Este espazo versará entorno á necesidade de transformar o sistema agrícola e alimentario para respostar aos actuais desafíos sociais e medioambientais.

A eurodeputada galega Lídia Senra introducirá o segundo dos paneis, que buscará pór sobre a mesa as consecuencias dos acordos comerciais, do desregulamento dos mercados e do poder sobredimensionado da industria e a distribución. Estará acompañada polo Director da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea, John Clarke. Este espazo contará con testemuñas directas dos impactos no pequeno e mediano campesiñado, a través da produtora de leite Madeleine Kerglonou-Terrom e do membro do Comité Coordinador da CEVC Andoni García.

A terceira das mesas de debate, introducida polo eurodeputado Eric Andrieu (S&D), abordará as consecuencias dos pagos directos da PAC para as áreas rurais e para a mocidade labrega. Será a moza alemá Elisabeth Fresen a encargada de dar conta da súa propia experiencia, que será complementada ca intervención de Genevieve Savigny, integrante do grupo de traballo “políticas agrícolas” da CEVC. Este panel contará con dobre representación da CE, a través da Xefa de Unidade da Dirección Xeral de Medioambiente, Claudia Olazabal, e do Xefe de Unidade adxunto da Dirección Xeral de Agricultura, Ricard Ramón I Sumoy. Esta representación institucional será completada con Tom Jones por parte do Comité Económico e Social Europeo.

Como vén alertando a eurodeputada galega Lídia Senra dende que se deron a coñecer as primeiras claves da que vai ser a proposta de nova política agraria común, e como subliñou onte mesmo durante a sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural “é fundamental dar o debate sobre a proposta que está a facer a Comisión Europea, deixar claro que non queremos continuar con políticas agrarias que están a destruír o medio rural labrego na UE, que provocan o peche de milleiros de explotacións. Queremos moitas labregas e labregos producindo alimentos sans e de calidade na UE, queremos un modelo agroecolóxico de produción, situar de novo os prezos no centro das políticas agrarias e que a UE respecte o dereito dos pobos á soberanía alimentaria”.

Baixo esta perspectiva, ademais deste encontro que vai ter lugar a vindeira semana en Bruxelas, na Galiza Senra coordenou xa a pasada fin de semana a xornada en “A futura PAC para as zonas de montaña”, e o vindeiro sábado 26 de maio desenvolverá en Vedra o encontro “Acceso aos servizos básicos: Un dereito imprescindíbel para un rural vivo en Europa”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies