AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Un coloquio analizará en Santiago os desafíos aos que se enfronta a esquerda a nivel mundial

11 Setembro, 2017 David Rodríguez, esquerda, globalización, GUE/NGL, Haydee Castillo, Lidia Senra, Lupe Ces, Mónica Baltodano, Ramón Grosfoguel
  • O evento será o venres 15 de setembro a partir das 19:00 horas na Facultade de Filosofía e está organizado pola eurodeputada Lídia Senra 
  • O sociólogo Ramón Grosfoguel, as activistas nicaragüenses Mónica Baltodano e Haydee Castillo e a galega Lupe Ces, serán as relatoras

Cartel Coloquio Reflexion, experiencias e desafios da esquerda

Santiago, 11 de setembro de 2017. Analizar diferentes experiencias vividas pola esquerda nos últimos tempos, aprender delas e reflexionar sobre os desafíos aos que se enfronta a día de hoxe a esquerda non só a nivel galego, senón planetario. Ese é o obxectivo dun coloquio que terá lugar o venres 15 de setembro, a partir das 19:00 horas, na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, organizado pola eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

O evento posibilitará que se poida escoitar e debater con elas na capital galega a persoas cunha ampla traxectoria activista no ámbito da esquerda a nivel internacional como son o sociólogo portorriqueño, membro fundador de Europa Decolonial, Ramón Grosfoguel; a Comandante Guerrilleira nicaragüense, presidenta tamén da Fundación Popol Na, Mónica Baltodano; ou a activista do Movemento Autónomo de Mulleres de Nicaragua e membro do Foro de Mulleres para a integración centroamericana e do Caribe, Haydee Castillo. A voz galega das relatoras poñerana, ademais da propia Lídia Senra, a mestra, feminista e activista social Lupe Ces. Todo o coloquio será moderado polo autor do blog O Funambulista Coxo, o vigués David Rodríguez.

“Trataremos de poñer en común reflexións que dende distintas experiencias e realidades se están dando na esquerda no contexto actual europeo e planetarios fronte aos impactos da globalización e dende unha perspectiva de clase e feminista”, explica Lídia Senra, para quen este tipo de intercambios son hoxe máis necesarios que nunca. En efecto, a idea da eurodeputada é que coloquios semellantes teñan continuidade nos próximos meses deste ano para seguir profundizando no papel e nos retos da esquerda.

Na cita deste 15 de setembro, Grosfoguel falará sobre a crise dos paradigmas da esquerda a nivel mundial; mentres que Mónica Maltodano se centrará en analizar a situación que está a atravesar Nicaragua co goberno de Ortega; e Haydee Castillo abordará as resistencias e loitas contra o capitalismo patriarcal e depredador. O relatorio de Lupe Ces levará por título “Quen ten un plan?”.

Senra anima a asistir ao evento a todas as persoas que teñan interese por debater sobre a situación da esquerda desde unha perspectiva construtiva para  avanzar na implementación de políticas a prol da xustiza social, da democracia, da igualdade e da preservación do planeta.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies