AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Trinta cargos de concellos galegos visitarán o Parlamento Europeo esta semana

6 Febreiro, 2017 cargos electos, concellos, dereitos sociais, emprego, GUE/NGL, Lidia Senra, municipios, Parlamento Europeo, REALPE, refuxiados, solidariedade
  • Os alcaldes e concelleiros/as acoden a Bruxelas convidados pola eurodeputada Lídia Senra e participarán tamén no encontro anual REALPE de representantes locais electos da esquerda europea 
  • As actividades desenvolveranse martes, mércores e xoves e nelas debaterase sobre políticas municipais para o fomento do emprego, protección de dereitos sociais e solidariedade coas persoas refuxiadas 

CartelSantiago, 6 de febreiro de 2017. Un grupo formado por trinta persoas que actualmente exercen de cargos políticos electos en municipios galegos desprazaranse esta semana a Bruxelas, convidados pola eurodeputada galega Lídia Senra, para participar dentro do Parlamento Europeo no encontro anual REALPE de representantes locais electos, que organiza o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) baixo o título de “Emprego, dereitos sociais e solidariedade desde os municipios”.

Acompañados por Lídia Senra e a iniciativa dela, até Bruxelas viaxarán, por exemplo, os actuais alcaldes de Manzaneda, Salceda de Caselas e A Pobra do Caramiñal, Félix Domínguez Cortiñas, Marcos Besada e Xosé Lois Piñeiro, respectivamente; así como os tenentes de alcalde de Cambados e Ferrol, Constantino Cordal Rodríguez e Álvaro Montes Celeiro. Tamén integran este grupo concelleiros e concelleiras como Fabiola Durán Pedroso, de Arbo; Sonia Vidal e Eladi Cid Babarro, de Xunqueira de Ambía; María Chao Martínez, das Pontes; Antonio Castro, de Rianxo; Mar Blanco Casais, da Estrada; Carlos Lorenzo Simón, de Toén; Ánxela Vizoso, de Cangas; Óscar Carrete, de Folgoso do Courel; Jorge González Lamas, de Pereiro do Aguiar, Jorge Vázquez Rodríguez, de Trives; Santiago Martínez López e Saleta Fernández de la Torre, de Cuntis; Manuel Seixas Caamaño e Noelia Estévez García, de Noia; Gustavo Pita Carballeira, de Ares; Maribel García Díaz, de Monforte; Celsa Oreiro Bermúdez e Óscar Blanco Tasende, de Val do Dubra; Manuel Siverio Miras Liñares, de Oroso; ou Xosé Manuel Pérez Sardiña, de Cabanas.

O grupo de trinta persoas galegas chegará a Bruxelas este martes a mediodía, para realizar unha visita guiada polo Parlamento Europeo esa mesma tarde e coñecer en directo o funcionamento da institucións europea. Xa o mércores e xoves, a súa actividade centrarase en participar xunto con cargos electos municipais doutros países de Europa, no mencionado encontro REALPE do GUE/NGL, no que ao longo das dúas xornadas de traballo se desenvolverán varios debates e exposicións.

O primeiro debate no Parlamento Europeo terá lugar o mércores durante toda a tarde, e xirará sobre “Que accións se poden desenvolver desde os municipios para fomentar o emprego, a industria e a defensa dos dereitos sociais”. Tendo en conta que o desemprego, a desindustrialización, a precariedade, e os ataques contra os dereitos sociais teñen enormes consecuencias sobre os concellos, intentarase poñer en valor que en contacto directo coa poboación, os municipios están loitando contra estas situacións para construír alternativas, axudando a resistir, innovar nas súas políticas de desenvolvemento local e apoiar as iniciativas das distintas forzas sociais. Neste sentido, intercambiarase información sobre estas experiencias, para avaliar as posibilidades e os obstáculos e abrir algunhas reflexións e accións comúns sobre estas cuestións cruciais. Introducido pola eurodeputada Ángela Vallina, está previsto que neste debate realicen exposicións iniciais Geert Asman, concelleiro en Zelzate (Bélxica);Maximino García Suárez, concelleiro en Morcín (Asturias); Jean-Paul Lecoq, alcalde de Gonfreville l’Orcher (Francia); Carlos Humberto Carvalho, alcalde de Barreiro (Portugal); e Oihane Zabaleta, concelleiro de Urretxu, xunto con Eneko Etxeberria, alcalde de Azpeitia (Euskal Herria). Moderado pola eurodeputada Martina Michels, as exposicións iniciais darán paso a un debate aberto no que os alcaldes e concelleiros e concelleiras galegas tomarán tamén a palabra para dar conta das súas experiencias e propostas para afrontar os retos da política municipal.

Xa o xoves pola mañá desenvolverase o segundo panel da iniciativa REALPE, que xirará sobre “Boas prácticas na recepción de refuxiados/as. Que cooperación debe desenvolverse desde os concellos”. Esta parte será introducida polo eurodeputado Dimitrios Papadimoulis e será moderada pola europarlamentaria galega Lídia Senra. O obxectivo é facer fincapé en que en contra da campaña de odio e división fomentada por certas forzas gobernamentais e de extrema dereita en Europa, unha serie de accións encabezadas pola cidadanía, ONGs, organizacións sindicais e política e sociais están a ter lugar para apoiar ás persoas refuxiadas e migrantes e, nese contexto, os concellos están na liña da fronte para dar máis eficacia a estas iniciativas. No panel falarase desta políticas, amosando as diferentes cuestións e obstáculos para superar e abrir algunhas posibilidades de cooperación entre concellos de diferentes países de Europa.

O panel contará coa intervención do ministro de Asuntos Exteriores de Grecia, Giorgos Katrougkalos, e tamén intervirán Stavros Yerolatsites, concelleiro de Strovolos e membro do Comité das Rexións por Chipre; Knut Mildner-Spindler, concelleiro de Berlín; Linda Fleetwood, membro do parlamento rexional e do goberno rexional de Kalmar Län, xunto con Yasmine Posio Nilsson, membro do parlamento local de Gothenburg, Left Party (Suecia); Elena Coccia, membro do consello metropolitano de Nápoles (Italia); e Katopodis Grigorios, alcalde de Vironas (Grecia).

O grupo de cargos municipais galegos regresarán de Bruxelas o xoves pola noite, despois das intensas xornadas de debate e intercambio de experiencias no Parlamento Europeo con persoas que tamén ocupan responsabilidades locais noutras partes da UE.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies