AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Solicitamos a reacción da Alta Representante da UE no caso do profesor universitario indio GN Saibaba

5 Abril, 2019

Solicitamos a reacción da Alta Representante da UE no caso do profesor universitario indio GN Saibaba

 

  • Ao longo da lexislatura Senra dirixiuse varias veces á CE para denunciar a situación na que se atopa este profesor universitario e referente social
  • Mogherini ten trasladado a súa preocupación polo tratamento do Goberno indio contra este home que ademais ten mobilidade reducida

Bruxelas, 05 de Xaneiro de 2019. Lídia Senra dirixiuse hoxe á Alta Representante da UE e  Vicepresidenta da Comisión Europea, Federica Mogherini, para trasladar a súa preocupación pola negativa do Tribunal Supremo de Nagpur de conceder a liberdade baixo fianza ao profesor universitario indio GN Saibaba, no cárcere por  avogar públicamente a favor dos dereitos dos pobos adivasis e dalits e denunciar a “Operación Green Hunt”.  A carta enviada hoxe por Senra dá continuidade ao diálogo aberto con Mogherini dende o ano 2016 ao respecto da represión contra defensores e defensoras de dereitos humanos na India.

A Alta Representante respostou no 2017 que a CE estaba estaba á expectativa do resultado do recurso interposto polo activista indio ante o Tribunal Supremo de Nagpur, finalmente rexeitado. “Habida conta do seu estado de saúde, empeorado logo de tantos meses illado no cárcere, a cadea perpetua ratificada polo TS de Nagpur é na práctica unha condena de morte”, alerta a eurodeputada galega na comunicación emitida hoxe.

Ao longo da presente lexislatura, Lídia Senra dirixiuse á CE a través de dúas preguntas parlamentarias escritas [1p/2p] e dúas cartas asinadas con outras deputadas/os [1c/2c], incidindo na estratexia de persecución do Goberno indio contra este profesor que padece a parálise do 90% do seu corpo, condición empeorada nos últimos meses con novas afeccións na súa saúde.

A gravidade desta situación foi tamén denunciada polas Nacións Unidas en xuño do ano pasado, instando ao Goberno indio á liberación deste profesor universitario e a proporcionarlle a atención médica precisa. Nese momento a ONU subliñou ademais en que o illamento penitenciario non debía ser aplicado a persoas con mobilidade reducida, xa que é unha medida que empeora significativamente este padecemento.

“A Comisión Europea non debe permanecer impasíbel e ser cómplice dunha nova violación dos dereitos humanos do profesor GN Saibaba. Esiximos á Comisión Europea todas as medidas necesarias para a súa liberación inmediata, así como doutros e doutras activistas polos dereitos humanos represaliados e represaliadas na India, como Surendra Gadling, Sudha Bharadwaj, Varavara Rao, Vernon Gonsalves, Arun Ferreira, Shoma Sen, Sudhir Dhawale, Rona Wilson e Mahesh Raut ”, conclúe a deputada galega.

0001-GNSaibaba0002GNSaibaba

 

Imaxe portada: https://cjp.org.in/

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies