AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra valora positivamente o mantemento da prohibición da pesca eléctrica e esixe o fin inmediato das excepcións vixentes

16 Xaneiro, 2018

 

  • O Parlamento vén de aprobar unha proposta de regulamento que recolle emendas que apostan pola prohibición da pesca eléctrica na UE
  • A eurodeputada galega abstívose na votación final ao considerar que o texto aprobado non protexe suficientemente a pesca artesanal

 

Estrasburgo, 16 de Xaneiro de 2018. O Parlamento Europeo aprobou hoxe unha  proposta de Regulamento sobre a conservación de los recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas que incorpora emendas relativas á prohibición total, sen excepcións, da pesca con impulsos eléctricos.  Lídia Senra, unha das responsábeis para o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE), amosou a súa satisfacción con respecto a este posicionamento por parte da Eurocámara, reiterando que “este tipo de pesca é un ataque á pesca artesanal, costeira e de baixo impacto, unha práctica totalmente incompatíbel coa sustentabilidade pola que debe avogar a Política Pesqueira Común (PPC)”.

Non obstante, a eurodeputada galega chamou a atención sobre o feito de que “inda que conseguimos que saíran aprobadas as emendas para manter a prohibición, non podemos dar por finalizada esta loita; nestes momentos a flota holandesa segue facendo uso das excepcións que lle permiten empregar descargas eléctricas para capturar o peixe”.

Porén, Lídia Senra abstívose na votación final deste informe, ao considerar que “non protexe suficientemente as pesca artesanal de países como Galiza”. Concretamente, lamentou que non se aprobara a emenda Nº 357[1], presentada pola propia Senra a través da Comisión de Pesca, na que se realizaba unha mención específica ao xeito,  recollendo que no caso das redes desta categoría a malla empregada debería ser de entre 23 e 40mm.

Consultado directamente pola eurodeputada galega no mes de novembro a través dunha carta, o Comisario de Pesca Karmenu Vella respostou que dado que está permitido pescar sardiña con redes de deriva, e que  as do xeito teñen unha dimensión inferior a 2.5kms, esta arte de pesca “non estaría dentro do alcance das prohibicións contidas no regulamento proposto”.

Habida conta de que hoxe o informe aprobado non incorporou a emenda referente ao tamaño de malla do xeito presentada por Senra, esta amosou a súa preocupación, esixindo un compromiso máis explícito por parte da Comisión Europea: “Agardo que a Comisión Europea manteña con respecto ao xeito a mesma posición que me transmitiu directamente o Comisario Vella na súa carta. Agardamos que nas negociacións tripartitas o propio Vella e o Consello deixen clara definitivamente a postura da UE sobre a protección  desta arte de pesca artesanal fundamental para nós”.

 

[1] Enmenda 357, dispoñíbel neste enlace: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+REPORT+A8-2017-0381+0+DOC+XML+V0//PT#

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies