AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra valora o anuncio da CE de lexislar para prohibir as “prácticas desleais” na cadea alimentaria

12 Abril, 2018

 

  • Phil Hogan presentou hoxe no PE as claves da proposta de Directiva da CE para abordar cuestións como a demora nos pagos ao sector produtor
  • Lídia Senra reivindica retomar a regulación dos mercados e da produción como un ferramenta de base para frear os abusos na cadea alimentaria

Bruxelas, 12  de Abril de 2018. A coordenadora da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, saúda o anuncio realizado esta mañá polo Comisario de Agricultura Phil Hogan da posta en marcha por parte da Comisión Europea (CE) dunha proposta de directiva para paliar as coñecidas como “prácticas desleais” na cadea de subministro de alimentos.

Se ben durante a sesión da Comisión de Agricultura do PE celebrada hoxe o Comisario Hogan unicamente plantexou as liñas principais, a falta de que se faga público o texto definitivo que vai presentar a CE, Senra destacou a importancia de que o ente comunitario “por fin supere a fase de análise e comece a dar pasos de cara a elaborar unha lexislación que poña couto aos abusos que se están a dar na cadea alimentaria”.

 Algunhas das cuestións que semella van ser abordadas por parte da Comisión Europea recollen demandas que se veñen denunciando dende as organizacións labregas dende fai moitos anos, e que a nivel galego teñen un impacto moi significativo en sectores tan relevantes como o vacún ou o hortofrutícola. “Valoramos positivamente que a CE identifique como prácticas concretas a prohibir os retrasos nos pagos ás produtoras e produtores de produtos perecedoiros, ou as cancelacións de última hora e as modificacións unilaterais ou retroactivas dos contratos”, destacou. “Tamén é interesante que a proposta que vai desenvolver a Comisión obrigue aos Estados a designar unha autoridade pública encargada de facer cumprir as novas normas”.

Malia todo, a xuízo da eurodeputada galega “se como di a CE, o que se pretende é rematar ca incerteza e riscos aos que teñen que facer fronte ás labregas/os e pequenas e medianas explotacións, ademais de prohibir prácticas concretas debería deixar de eludir abordar politicamente o problema de base, que non é outro que a necesidade de establecer medidas de control das producións e os mercados”.

 Dende a súa participación como coordenadora na Comisión de Agricultura, Lídia Senra realizará un seguimento exhaustivo da proposta da Comisión Europea e presentará unha batería de emendas de cara a avanzar na protección das labregas e labregos fronte ás prácticas abusivas na cadea agroalimentaria impostas maiormente polas grandes industrias.

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Senra_ArquivoXan18_Ibr

A nova PAC reverdeceu o seu vocabulario para disimular a continuidade das políticas agroindustriais que están a destruír o medio rural europeo

2 Abril, 2019
180320_FEMM CSW SE_MEP SENRA speaks-R

A lexislación sobre a reutilización da auga ten que ser unha ferramenta de protección deste ben universal

4 Decembro, 2018
IntervenciónSenra_211118_ComAGRI_PAC

Batería de medidas para unha PAC que sitúe ao campesiñado e á Natureza no centro

21 Novembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies