AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “Unha institución dominada polos lobbies non respecta nada; tampouco a saúde das nenas e nenos”

20 Xaneiro, 2016 actos delegados, alimentación infantil, Comisión Europea, liberalización comercial, Lidia Senra, OMC, Organización Mundial do Comercio, PAC, políticas públicas, soberanía alimentaria, transxénicos
  • O Parlamento Europeo freou hoxe un acto delegado orientado a mermar as esixencias nutritivas e de información de alimentos infantís e provintes de cerais
  • Cañete, defensor da proposta da Comisión Europea de permitir até un 30% de azucres na comida infantil obviando que a OMS recomenda reducilo ao mínimo

Estrasburgo, 20 Xaneiro 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, sinalou hoxe a súa satisfacción pola aprobación dunha resolución do Parlamento Europeo que limita un acto delegado co que a Comisión Europea (CE) pretendía mermar os requisitos específicos de composición e información dos alimentos elaborados a base de cereais e os alimentos infantís.

É sabido que o lobby da agroindustria é un dos máis poderosos do mundo[1], sendo a Comisión Europea unha das institucións máis marcadas pola súa influencia[2]. Por iso mesmo, sinala a eurodeputada de AGEe, “non pode deixar de indignarnos situacións como a que vimos esta mañá, con un Comisario Europeo defendendo que a alimentación infantil poda conter residuos de pesticidas ou que un 30% da enerxía que aporten sexa proporcionada por azucres, cando a OMS sinala que non se debe engadir azucre nin sal aos complementos alimenticios infantís e, en todo caso, os azucres “libres” deben ser inferiores ao 5%”.

Iso si, a elección do Comisario Miguel Arias Cañete para adoptar esta posición é bastante coherente se temos en conta que é o político europeo que máis se reúne con lobbies[3], e que até a organización Observatorio Europeo das Corporacións lle adicou un informe resaltando os seus intereses na industria agrogandeira e enerxética.

Esta modificación lexislativa tentouse realizar ademais a través dun acto delegado, procedemento que permite que a Comisión Europea poda adoptar actos non lexislativos de alcance xeral por si mesma. “O feito de que esta modificación se pretendera introducir a través dun acto delegado, evitando así o debate no Parlamento, resulta intolerábel”, condenou Senra. “Se temos claro que ca comida non se xoga, ca alimentación das nenas e nenos inda menos”.

Permisividade cos niveis de azucre, ca presenza do glifosato (polémico pesticida canceríxeno que conta cunha especial simpatía por parte da CE), a non publicación das actas de xuntanzas mantidas con empresas e ONG’s, contradición das recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) en canto á promoción de lactancia materna e presenza de sales e azucres na comida infantil, ocultación de datos das xuntanzas bilaterais mantidas pola Comisión Europea… Foron algunhas das críticas realizadas hoxe polo Parlamento Europeo a través da resolución presentada.

“A estratexia que pretendeu realizar hoxe a Comisión Europea para aprobar esta modificación da calidade da alimentación das crianzas demostra que unha institución dominada polos lobbies, polos intereses das grandes empresas, non respecta nada; nin tan sequera a saúde das nenas e nenos”, criticou a eurodeputada galega. “É importante que o Parlamento teña limitado esta tentativa hoxe. Temos que loitar con contundencia contra a grave situación de que as malas prácticas das industrias teñan como coartada a propia legalidade, tal e como se pretendeu hoxe e como, desgraciadamente, acontece demasiado a miúdo[4]“.

 

[1]DUCH e FERNÁNDEZ, La Agroindustria bajo sospecha, Barcelona (2010).

[2]Guía de lobbies de Bruxelas, Lobbies corporativos na Unión Europea; As relacións entre a industria dos transxénicos e a comisión europea; “Os negocios de Bruxelas”; “Os lobbys de Bruxelas , o control da UE”

[3]Datos sobre Miguel Arias Cañete, Observatorio de lobistas de Transparencia Internacional: http://www.integritywatch.eu/ec.html.

[4]Caso Hero Baby, “Lo vendemos porque es legal”: http://www.dimequecomes.com/2015/02/hero-baby-lo-vendemos-porque-es-legal.html

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies