AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra ultima as emendas que presentará a principios de decembro aos regulamentos da PAC 2021-2027

9 Novembro, 2018 agricultura, Ana Rodríguez, Antom Fente, Chantada, galiza, gandeiría, GUE/NGL, Lidia Senra, PAC, rural

Lidia Senra, co cartel do evento sobre a PAC deste sabado en Chantada

  • A eurodeputada estará no Centro Cultural Reacreativo de Chantada, este sábado ás 17:00h, para intercambiar claves sobre o futuro da PAC 
  • A membro do Parlamento Europeo chama a tomar conciencia de que esta Política afecta non só a agricultores/as, senón a toda a sociedade galega 

Santiago, 9 de novembro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra está a ultimar as emendas que presentará a principos de decembro no Parlamento Europeo aos regulamentos que van fixar a que será a nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027. Senra está a traballar intensamente co sector agrícola e gandeiro e coa xente que vive no rural na Galiza, ante a constatación de que “semella que todos os Estados e lugares da UE están traballando duramente para lograr acordar unha PAC beneficiosa para as súas realidades. En todos, menos na Galiza”, denuncia a eurodeputada, que critica deste xeito aos responsables da Xunta por “coa súa actitude e servidume aos intereses das grandes empresas e do capitalismo depredador, non facer máis que afogarnos á poboación galega que non vivimos nas cidades”.

Neste contexto, a eurodeputada ofrecerá este sábado, 10 de novembro, ás 17:00 horas, unha charla no Centro Cultural Recreativo de Chantada, acompañada pola membro do seu equipo Ana Rodríguez Vázquez, e polo concelleiro de Por Chantada Antom Fente Parada. O obxectivo do acto é abordar o futuro da PAC e as novas orientacións e novidades que están enriba da mesa nas institucións europeas e que van afectar moito non só ás persoas relacionadas coa actividade agraria e gandeira, senón a toda a sociedade en xeral.

“A maioría da xente pensa que a PAC simplemente son as axudas que botan unha man aos gandeiros e gandeiras e aos agricultores agricultoras para cubrir gastos. E iso non é así. A PAC é moito máis, é regular a organización dos mercados, dos produtores, do futuro do leite, etc”, explica tamén Ana Rodríguez pola súa banda, para engadir que ademais, por poñer un exemplo, en Chantada o maior receptor de axudas da PAC é o Concello directamente, que cobra máis de 100.000 euros.

Senra considera que todo o que implica a PAC é cada día mais complexo, “nunha artimaña das institucións europeas para que a maioría da poboación non se entere a tempo do que se está a negociar”, e ve fundamental informar á sociedade sobre este tema, máis agora cando se está negociando a Política Agraria Común que rexerá do 2021 ao 2027. “Ao poder interésalle que as políticas europeas nunca estean aquí no centro do debate, porque así unha vez que xa estean aprobadas non haberá volta atrás. Agora mesmo hai tres regulamentos enriba da mesa (Regulamento sobre o Plan Estratéxico da PAC, Regulamento horizontal da PAC e Regulamento de Modificación), presentados pola pola Comisión Europea o pasado 1 de xuño e que a principios de decembro teremos que emendar na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo. É necesario facer todo o posible agora”, explica, lembrando como na actualidade estamos padecendo todas as consecuencias das reformas da PAC anteriores, entre elas, que non haxa regulación de produción nin dos mercados nin prezos mínimos. “Temos que seguir reivindicando un cambio de tendencia”, insiste.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Senra_ArquivoXan18_Ibr

A nova PAC reverdeceu o seu vocabulario para disimular a continuidade das políticas agroindustriais que están a destruír o medio rural europeo

2 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies