AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra traerá a Santiago á eurodeputada do Die Linke alemán Sabine Lösing para falar do gasto militar na UE

29 Outubro, 2018 defensa, GUE/NGL, Lidia Senra, militarismo, paz, sabine lösing, UE, Xavier Vence
  • NOTICIA WEB_520x254_MILITARISMOLösing é vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e ofrecerá unha charla o 8 de novembro ás 19:00hrs na Facultade de Políticas da USC, presentada por Xavier Vence 
  • A eurodeputada galega Lídia Senra pretende coa organización deste acto dar a coñecer como as institucións europeas están reforzando a industria armamentística e comprometendo a paz dentro e fóra da UE 

Santiago, 29 de outubro de 2018. A vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e eurodeputada do Die Linke alemán Sabine Lösing estará na Galiza a vindeira semana, para participar, convidada pola súa compañeira galega dentro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, nunha charla-coloquio titulada “Con esta Europa non hai paz. Non ao gasto militar”. O acto, ao que Lídia Senra anima a acudir a todas as persoas sensibles e comprometidas coa paz, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o xoves 8 de novembro ás 19:00 horas, e será presentado polo catedrático de Economía Aplicada na USC Xavier Vence.

Senra, organizadora do evento, considera fundamental dar a coñecer como as institucións europeas “están comprometendo a paz na UE”. Así, a europarlamentaria galega denuncia que nestes momentos estase negociando o Marco Financeiro Plurianual para o período 2021-2027 e “as cifras destinadas á militarización e ao reforzo da industria armamentística non deixan lugar a dúbidas”. Así, a fronteiras exteriores e seguridade destinaranse 21.300 millóns de euros, fronte aos 5.600 millóns do período anterior. En seguridade e defensa, investiranse 27.515 millóns de euros e dentro desta partida hai 13.000 millóns para crear un fondo novo de Defensa. E o capítulo de infraestruturas para facilitar a mobilidade militar financiarase con 6.500 millóns de euros dentro do Mecanismo Conectar Europa.

“A Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea, Federica Mogherini, propón crear un ‘Mecanismo de Apoio á Paz’ para reforzar posibles accións conxuntas en países de fóra da Unión. Mal se pode apoiar a paz preparándose para intervir”, advirte Lídia Senra, que agarda que a charla-coloquio do 8 de novembro en Santiago sirva para informarse, debater e poñer en común a preocupación ante este escenario.

A eurodeputada do GUE/NGL polo Die Linke alemán Sabine Lösing é vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e unha grande experta neste tema. Durante a charla, ofrecerá a súa visión crítica coas decisións que está a tomar a UE ao respecto dun maior gasto en militarización. Esta será a primeira vez que se poderá escoitar a Lösing na Galiza e a charla contará con servizo de tradución simultánea do alemán ao galego.

FLYER_programaA5_traseira

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies