AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra reitera que o consentimento do pobo saharauí nun tratado comercial só pode ser transmitido a través da FP

13 Novembro, 2018

 

  • Aprobado informe de opinión onte en convocatoria extraordinaria da Comisión de Agricultura en Estrasburgo durante a realización do pleno
  • Senra denuncia o procedemento que UE e Marrocos están a desenvolver para eludir a sentenza do TSUE e comercializar cos recursos saharauís

Estrasburgo, 13 de Novembro de 2018. Dando inicio á estratexia posta en marcha para eludir as sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE que confirma a ilegalidade dos acordos comerciais e de pesca asinados entre a UE e Marrocos por abarcar recursos naturais do pobo saharuí, a última hora da tarde de onte a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo procedeu á  votación e aprobación dun informe de opinión que acompañará ao Acordo en forma de Intercambio de Notas entre a Unión Europea e o Reino de Marrocos sobre a modificación dos Protocolos n.° 1 e n.° 4 do Acordo Euromediterráneo polo que se crea unha Asociación entre as Comunidades Europeas e os seus Estados membros, por unha parte, e o Reino de Marrocos, por outra (0481/2018 – C8-0000/2018– 2018/0256M(NLE)), que a Comisión de Comercio Internacional votará previsibelmente o vindeiro 3 de novembro.

Lídia Senra, coordenadora das deputadas/os do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) nesta Comisión, presentou un total de 11 emendas a este proxecto de opinión. Ningunha delas foi aprobada. O seguinte paso será a votación dun informe de opinión da Comisión de Pesca na reunión do 27 de novembro, do cal a deputada galega é tamén a responsábel do seu seguimento para todo o GUE/NGL.

“Á marxe das voltas técnicas que lle queiran dar a UE e Marrocos, aquí a cuestión central é que non existe consentimento expreso do pobo saharuí para que poida ser asinado ningún tipo de documento que teña que ver ca xestión dos seus recursos naturais. Ademais, nin sequera se tentou consultar ás 173.000 saharauís que viven nos campamentos de poboación refuxiada”, advertiu Lídia Senra. “A lexítima representante do pobo saharauí é a Fronte Polisario, como así recoñece a propia ONU. Crear un acordo sen o seu consentimento supón a vulneración dos dereitos dos pobos e dos territorios non autónomos.”

 Malia a que as institucións europeas están  a tentar dotar dun cariz técnico esta estratexia de negociación comercial entre ámbalas partes, o compoñente xeopolítico desta situación é tan patente que mesmo o Goberno de Marrocos non dubida en poñer en marcha medidas de presión para tentar condicionar os votos dentro do Parlamento Europeo.

 “A cuestión de fondo a non perder de vista é o lexítimo dereito dos pobos á súa soberanía. A Comisión Europea non só debe dar curso á sentenza do TXUE, senón que ademais ten a responsabilidade de respectar o Artigo 73 da Carta das Nacións Unidas, que compromete claramente a ter en conta as aspiracións políticas dos pobos que habitan en territorios non autónomos”, subliñou.

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies