AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra reclama á UE que medie para pór fin á discriminación á que a Axencia Tributaria somete a emigrantes retornados

22 Marzo, 2017 Comisión de Peticións, Comisións Europea, emigrantes, GUE/NGL, Lidia Senra, pensións, retornados, xubilados
  • A eurodeputada demándalle á Comisión Europea que abandone o “dobre discurso” e apoie o dereito dos e das pensionistas 
  • A Coordenadora Nacional de Emigrantes Retornados de Galicia denuncia ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que o Estado español os obriga a tributar cando no país de orixe da pensión están exentos


Bruxelas, 22 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este mércores que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo manteña aberta e que se continúe a estudar a petición realizada pola Coordenadora Nacional de Emigrantes Retornados de Galicia, que pide mediación desde a UE para que se poña fin á “discriminación” á que se ven sometidos 300.000 galegas e galegos emigrantes retornados por parte da Axencia Tributaria Española, que se ven obrigados a ter que tributar no Estado español cando no país de orixe da pensión están exentos.

“Paréceme lamentable que a Comisión Europea o único que lle diga ao colectivo de pensionistas é que teñen dereito a ir aos tribunais. Iso xa o sabían! Para escoitar que vaian aos tribunais non facía falta chegar até aquí, aquí viñan pedir xustiza”, recriminoulle Lídia Senra ao representante da Comisión Europea que defendeu a posición desta diante da Comisión de Peticións do Europarlamento.

A eurodeputada galega tamén asegurou que lle parece “lamentable” o “dobre discurso da Comisión”. “Onte –por este martes- estivemos falando con representantes da Comisión por outro tema relacionado con pensións de mariñeiros e marinheiras de Galiza que estiveron en Noruega. Dixéronnos que non podían facer nada porque Noruega non é un país da UE. Pero aquí hoxe estamos falando de países de orixe das pensións que si son da UE. Se hai vontade política, a Comisión pode facer máis, pode facer que esta situación de inxustiza e de discriminación que está cometendo o Estado español coas persoas pensionistas se resolva”, dixo. Así, Senra propúxolle á Comisión de Peticións “manter aberta esta petición, asumir as propostas que fan os peticionarios e seguir estudando o tema” e tamén que se enviara unha carta ao Consello.

A posición do Partido Popular, sen embargo, defendeu que se pechase a petición.

A intervención de Lídia Senra tivo lugar durante o debate na reunión da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, á que asistiu Alexandre Lago Portela, en nome da Coordenadora Nacional de Emigrantes Retornados de Galicia. Lago explicou que os membros da citada plataforma, que representa a máis de 300.000 emigrantes retornados galegos, en lugar de poder estar a disfrutar da súa xubilación, se están “vendo obrigados a saír á rúa por estar sendo perseguidos e acosados fiscalmente pola Axencia Tributaria Española”. O vigués dixo que se senten “discriminados polo Estado español por razón da orixe das pensións”. “Perseguen aos traballadores e traballadoras retornados por percibir pensións de orixe comunitaria, obrigándolles a tributar cando no país pagador están exentos”, denunciou.

Outro aspecto importante tamén abordado nesta petición é a discriminación das persoas que retornaron despois de terlle sido recoñecida a incapacidade laboral nos países onde emigraron, algo que o Goberno español non respecta.

Lago defendeu que “é un problema colectivo e que non se pode pretender que cada unha das persoas emigrantes retornadas acudan á vía xudicial cando hai moitas sentenzas que están condenando á Axencia Tributaria Española”. “Esta Comisión debería posicionarse a favor da nosa petición e non quedarse na mera suxerencia de que acudamos aos tribunais. Pedimos que siga aberta a nosa petición”, reclamou o peticionario galego.

Non obstante, Juan López Rodríguez, representante da Comisión Europea para avaliar este asunto, asegurou que “somos sensibles á situación destes emigrantes que se atopan con problemas para que se lles recoñezan os seus dereitos, pero os problemas téñense que resolver de acordo cos acordos que ten o Estado español cos outros Estados membros implicados e a UE non pode tomar cartas no asunto”, zanxou.

Finalmente a Comisión de Peticions  enviará senllas cartas  ao Goberno español, á TAXUD (Unidade de Impostos) da Comisión Europea, á Comisión de Economía do Parlamento e ao Consello Europeo dando conta desta situación. Agardamos que esta petición non se peche até que cheguen as respostas a estas cartas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
WEB_protmenores

Lídia Senra critica a demora do Estado e insta a cumprir inmediatamente as Directivas de protección da infancia

28 Xaneiro, 2019
SOS PANADEIRA_PETI 220119_1

O PE pedirá ás autoridades galegas información relativa á usurpación de espazo público por parte do RCNSX

22 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies