AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “Queremos desenvolver o potencial que hai na montaña dentro das figuras de protección medioambiental”

15 Abril, 2016 acordos comerciais, áreas de alta montaña, Comisión Europea, crise agrícola europea, economía rural, emerxencia social, liberalización, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, montaña, OMC, Organización Mundial do Comercio, PAC, políticas públicas, SLG, soberanía alimentaria, sustentabilidade, transxénicos

portada_FB_MONTAÑA

  • O GUE/NGL e AGEe desenvolverán mañá, 16 de abril, unha xornada de debate aberto a prol de medidas que permitan unha montaña “viva”
  • Introdución ás medidas de protección, así como a aplicación práctica na Galiza e a nivel da UE e a difusión de experiencias, puntos principais

 Bruxelas, 15 Abril 2016. Dende as 10.30 e até as 19.30hrs. de mañá, sábado 16 de abril, o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), do que Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) forma parte no Parlamento Europeo, desenvolverá a través de AGEe a xornada aberta “As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña”[1], que terá lugar na Casa da Cultura da Pobra de Trives -Auditorio Julio Vázquez- (Ourense).

Este espazo aberto de encontro e debate celebrarase a iniciativa da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, quen destacou a importancia de “reivindicar dende todas as institucións proxectos que permitan a protección da montaña como lugar de conservación da biodiversidade”. “Queremos desenvolver todo o potencial que hai na montaña, dentro das figuras de protección medioambiental”, explicou ao tempo que reivindicou a necesidade de “vontade política” para que este potencial sexa impulsado con medidas específicas.

Co obxectivo de poñer en valor as figuras de protección, analizalas e debater sobre elas como unha vía máis para contribuír a manter a montaña viva, estas xornadas estarán estruturadas en torno a catro mesas de debate.

Tras a APERTURA DA XORNADA (10.30hrs.) a cargo de Lídia Senra, o alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez, introducirá e moderará a primeira mesa de debate, na que Guzmán Ouro Vilariño -traballador da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia- achegará unha INTRODUCIÓN ÁS FIGURAS DE PROTECCIÓN MEDIOAMBIENTAL (11:00hrs.).

O deputado de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez, introducirá e moderará o segundo panel, adicado á APLICACIÓN PRÁCTICA DAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN MEDIOAMBIENTAL NA GALIZA (12.30hrs.). A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba; o traballador da Consellaría de Medio Rural, Víctor Andrés Álvarez Arias e o traballador forestal da Consellaría de Medio Rural e membro do Consello Forestal de Galiza en representación de grupos ambientalistas, Xosé Santos Otero, serán as persoas encargadas de debullar esta análise.

A quenda da tarde ampliará a visión práctica introducida na última mesa da mañá abordando EXPERIENCIAS DE ACTIVIDADES PRODUTIVAS EN ZONAS DE PROTECCIÓN AMBIENTAL (16.00hrs.) a través de Neves Fernández, labrega e pastora de ovellas galegas e ecolóxicas -explotación O Pico das Bouzas, Viana do Bolo- e Manuel García, labrego activista ecoloxista membro de Labregos Daiquí Sociedade Cooperativa Galega. Vanessa Garrido, membro de ANOVA na montaña luguesa, conducirá esta mesa de experiencias.

Na perspectiva de seguir afondando na aplicación das figuras medioambientais na práctica, ampliando a súa contextualización, o deputado de En Marea no Parlamento do Estado español, Miguel Ánxo Fernán-Vello, moderará o debate da MESA DE EXPERIENCIAS DE ZONAS DE PROTECCIÓN EN DISTINTOS ESPAZOS DA UNIÓN EUROPEA (18.00hrs.), que correrá a cargo do Alcalde de Somiedo e Presidente da Rede Asturiana de Desenvolvemento Rural, Belarmino Fernández Fervienza.

Reivindicando o valor das zonas de montaña e alta montaña

A xornada que terá lugar mañá non é a primeira que o GUE/NGL organiza sobre esta temática no País a través de AGEe. Baixo o título “As áreas de alta montaña na Unión Europea: Unha perspectiva dende a esquerda”, en febreiro de 2015 púxose sobre a mesa en Becerreá a necesidade de impulsar unha Lei Galega de Alta Montaña e normativas dentro da Unión Europea acompañadas de partidas orzamentarias.

Cara finais dese mesmo ano, no mes de outubro, unha delegación integrada por once persoas residentes en zonas de montaña da Galiza acudiron ao Parlamento Europeo a iniciativa de Senra, onde mantiveron contactos con Dermot Ryan, representante da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea, e ca eurodeputada Mercedes Bresso, presidenta do Intergrupo Parlamentario de Áreas Rurais, Montañosas e Remotas, no que a AGEe está inscrita.

 

dipticoPROTECCIÓNmedioambientalMONTAÑA_int_RRSS (2)

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies