AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra pregunta á CE polo criadeiro de bivalvos de Noia pechado tras recibir 1,2 millóns de fondos europeos

10 Setembro, 2018
  • A deputada interésase polo hatchery de ameixas e ostras construído no 2007 no Freixo e que permanece sen actividade desde o 2014 
  • Reclama un seguimento dos proxectos financiados con diñeiro da UE que quedan inoperativos logo de de facer os 5 anos mínimos esixidos 

Foto-de-arquivo-da-eurodeputada-Lidia-Senra_2656x1494-768x432

Santiago, 10 de setembro de 2018. A eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, rexistrou esta mañá en Bruxelas un documento dirixido á Comisión Europea (CE) no que pregunta ao ente comunitario pola situación na que se atopa o criadeiro de moluscos bivalvos para ameixa e ostra do Freixo (Outes), que recibiu no seu día máis de 1,2 millóns de euros de fondos europeos e permanece sen actividade desde o 2014. 

Pregunta-escrita-CE-criadeiro-de-Noia

Senra recolle no seu escrito que no 2006 a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia autorizou para a Confraría de Noia o mencionado hatchery. As obras iniciáronse no 2007, cunha subvención da Xunta para construílo de 1.252.932,74 euros. No 2009, as instalacións entraron en funcionamento, ano no que o proxecto recibiu o pago final dunha financiación da UE, asignada xa no 2007, a través do Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca, de 1.265.136,53 euros (nº de expediente IFOP-3211GAL0015, acción 321)[1]. “A actividade dese criadeiro cesou no 2014, 5 anos despois de poñerse en marcha, e desde aquela está en abandono, a pesar de que desde aquela cada certo tempo se lanzan novas sobre a súa posible reapertura próxima”, asegura Senra, que xa estivo na zona no ano 2016, momento no que se falaba xa dunha posible reapertura, e a data de hoxe sigue sen abrirse.

Ante esta situación, a eurodeputada pregúntalle á CE se ten constancia a Comisión de que este criadeiro está pechado e de se cumpriu todos os requisitos derivados de ter recibido unha financiación europea como a mencionada. Tamén, en vistas de que é bastante habitual que proxectos financiados con fondos europeos acaben por non desenvolverse de forma responsable, Lídia Senra pregunta á Comisión se feito algún tipo de seguimento sobre os proxectos que superan os 5 anos operativos e os que pechan ao cumprir eses anos mínimos de funcionamento esixidos na normativa europea ou en exercicios seguintes.

Senra critica o mal uso de moitos fondos europeos, que rematan en proxectos de curta duración ou non adaptados ás necesidades da zona, en instalacións que moitas veces non funcionan como deberían e reclama un maior control por parte das Administracións ante o despilfarro de recursos económicos.

A europarlamentaria enviou ademais xa a semana pasada un escrito á Confraría de Noia solicitando poder realizar unha visita ás instalacións do criadeiro, para poder comprobar en persoa a situación na que se atopan. Polo momento non recibiu resposta pero agarda que non se lle negue o acceso e poder realizar esa visita en breve.

 

____________________________

[1] Aquí pode comprobarse a lista de beneficiarios da financiación da UE a través do IFOP:

https://www.mapama.gob.es/pesca/pags/FEP/IniComunitariaTransparencia/Transparencia%20IFOP%2030-09-2009.pdf

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies