AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “Poremos en común as loitas das nacións sen Estado e dos pobos oprimidos pola historia colonial”

5 Febreiro, 2016 colonialismo, decolonizar Europa, dereito a decidir, dereitos sociais, homoxeneización cultural, liberdades civís, nacións sen Estado
  • A Universidade da Coruña acollerá o 19 e 20 de febreiro as Xornadas “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos Pobos sen Estado”
  • Será un espazo de confluencia para reflexionar en clave decolonial na Galiza con máis dunha vintena de representantes de colectivos

 

Cartaz Xornadas 19022016Compostela, 5 febreiro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ofreceu esta mañá unha roda prensa en Santiago de Compostela, acompañada polo voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, e polo que foi embaixador do Estado Plurinacional de Bolivia ante a Unión Europea ata o paso mes de novembro e membro da Rede de Decolonizar Europa, René Fernández, para presentar as xornadas que os días 19 e 20 de febreiro reunirán no Paraninfo da Universidade da Coruña a máis dunha vintena de representantes de diferentes colectivos de pobos oprimidos de toda Europa.

Baixo o título “A historia da Europa Decolonial e da Europa dos Pobos sen Estado”, estas xornadas, organizadas polo GUE/NGL e AGEe en colaboración con Decoloniality Europe-Galiza Decolonial, traerán á cidade herculina ao sociólogo portugués Boaventura de Sousa Santos, integrantes das CUP de Catalunya, do Sindicato Andaluz de Traballadores e da Islamic Human Rights Commision, entre outras, para participar en diferentes mesas de debate abertas ao público nas que tamén estarán presentes a propia Lídia Senra, Xosé Manuel Beiras, a galega Helena Miguélez-Carballeira, o responsábel de Relacións Internacionais do SLG Xosé Ramón Cendán, o responsábel de Relacións Internacionais da CIG Moncho Boán e concelleiras da Coruña, Vigo ou Marín.

“O que se pretende con estas xornadas de dous días de moita intensidade é seguir establecendo pontes políticas comúns entre a Europa das nacións sen Estado e a Europa dos pobos oprimidos pola historia colonial”, indicou Lídia Senra.

A eurodeputada destacou a importancia para AGEe de organizar e participar nunhas xornadas internacionais deste tipo, “onde poidamos seguir poñendo en común, seguir colaborando e intercambiando experiencias entre os diferentes movementos desta loita dos pobos oprimidos que non é nova”. Neste sentido, salientou que o importante deste evento, como punto de partida, será “coñecernos e intercambiar ideas, dialogar, tendo en conta que estamos nun marco de globalización cada vez máis crecente, onde as decisións políticas que se toman cada vez sen fan en espazos máis afastados de nós, e ante iso, é fundamental que dialoguemos e nos coñezamos. O valor para min é que é un espazo que nos vai permitir poñer en común loitas”.

Pola súa banda, René Fernández explicou que a Rede Decolonizar Europa está composta por membros en toda Europa que tratan de debater e difundir pensamento tendo en conta que as ramificacións do colonialismo hoxe en día perpetúan sistemas patriarcais, eurocentristas, de negación do ser e do dereito de autodeterminación dos pobos, entre outro tipo de opresións.

En definitiva, trataríase de entrar en interacción con toda a xente que loita contra as redes de poder que someten aos pobos a presións produto da historia colonial e con “suxeitos como é o caso dos pobos sen estado que están sometidos á ficción dos Estados-nación”, afirmou.

“O que buscamos con este encontro é reflexionar sobre o que nos une, sen perder a nosa personalidade e particularidade de cada un, nutrirnos de reflexións comúns. Cada pobo, colectivo, grupo oprimido ten a súa propia maneira de vivir a realidade que lle afecta en cuestión e unha lectura común sobre de onde ven axuda”.

RdP050216_Xornadas decolonizar Europa (2)Na súa intervención, Xosé Manuel Beiras explicou que para a cidadanía galega “é sabido que hai moitos anos que en Galiza o pensamento nacionalista de esquerda estableceu o principio de que Galiza non era só unha nación oprimida, senón unha colonia interna do Estado español”. “E ese fenómeno ten outros análogos noutras partes do planeta”, exclamou.

 “Pasamos de ser unha colonia do Estado español a ser unha colonia de Europa, e todo está relacionado coa abolición da soberanía nacional”, dixo Beiras, para denunciar que cando un pobo vota algo que non convén, directamente os poderes europeos non o aceptan. “Non aceptan que emerxa unha esquerda social que se libere das políticas agresoras, e daquela desde a UE manipúlase todo e ‘borbonéase’, actuando cos sectores reaccionarios”, asegurou.

Para Beiras é de enorme relevancia que haxa este diálogo e que se organicen estas xornadas na Coruña, entre organizacións que combaten en dous eixos diferentes pero interrelacionados: O eixo de toda a Europa Decolonial e o eixo das nacións sen estado, “entendido como o conxunto do pobo, non de clases dominantes que asumen a soberanía nacional pero non asumen a soberanía popular”, matizou.

Neste sentido, Beiras explicou como hai precedentes de como en procesos xurdidos nestes campos, as propias dinámicas deron lugar a confluencias análogas. “En 1985 constituíuse nunha asemblea en Barcelona. A finais do século XX iso foise ampliando coa incorporación de pobos non europeos pero análogos, os saharaius, os kurdos, etc, e máis tarde, no FSM de Belén iso converxeu para formar a Rede Mundial dos Dereitos Colectivos dos Pobos”.

Beiras tivo unha especial mención para Ramón Grosfoguel, de Europa Decolonial, e discípulo de Boaventura de Sousa Santos, “unha figura de enorme prestixio”, de quen en certa medida partiu a idea de artellar estas xornadas.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies