AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra pide á CE investigar se a Lei de Depredación incumpre unha das principais directivas medioambientais da UE

20 Outubro, 2017
  • A eurodeputada rexistrou unha pregunta parlamentaria plantexando a posíbel incompatibilidade desta Lei ca Directiva 2014/52/UE
  • Esta actuación enmárcase dentro da liña de traballo activada por Senra a nivel europeo para tentar frear a “legalización do espolio” da Galiza

Bruxelas, 21 de Outubro 2017. Dentro das medidas que Lídia Senra vai desenvolver para elevar ás institucións comunitarias a denuncia das consecuencias que para Galiza, a nivel humano e ecolóxico, pode carrexar a Lei de Fomento da Implantación das Iniciativas Empresariais (“Lei de Depredación de Galiza”) aprobada pola Xunta de Galicia esta semana, a eurodeputada galega rexistrou onte unha primeira pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea.

Senra fixo fincapé no feito de que, nunha primeira análise do texto aprobado, semella haber indicios abondo para inferir que non se adecúa ao estipulado na Directiva 2014/52/UE relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente; especialmente nos aspectos referidos á calidade das avaliacións de impacto ambiental, á obxetividade esixida ás autoridades competentes, aos procesos de consulta cidadá ou, de xeito moi chamativo, aos prazos de exposición pública, nalgúns casos reducidos na lei galega a 20 días en lugar de máis de 30 como esixe a devandita Directiva Europea.PE-Lei Depred_Normativa 2014-52-UE

A eurodeputada galega salientou a importancia de que a cidadanía tivera estado “alerta e organizada” para chamar a atención sobre a aprobación desta lei cos votos do PPdG, que responde unicamente  “a posibilitar que o capital poida facerse cos bens comúns a través dunha estratexia de legalización das súas prácticas abusivas”, analizou. “Mediante a aprobación de normas feitas á súa medida pretenden que o propio marco de convivencia social implique recoñecer ás grandes empresas e transnacionais como o suxeito con máis dereitos, moi por riba das propias persoas ou da Natureza”.

Esta estratexia, continuou debullando Senra, habitualmente procura enmascararse tras palabras a priori connotadas positivamente, tales como “simplificación”, “unificación”, “homologación” ou a xa ben coñecida “liberalización”, “que basicamente significa que as grandes fortunas son libres de facer o que lles pete a fin de ver incrementados os seus beneficios, a costa de que a cidadanía teña cada vez máis dificultades para facer respectar os seus dereitos”.

Se ben a Unión Europea non é unha excepción a esta tendencia de “legalización do espolio”, Lídia Senra propuxo á Comisión Europea que valore revisar se a Lei de Depredación entra en conflito ca correcta transposición dunha das principais normativas europeas en materia medioambiental -a citada Directiva 2014/52/UE- xa que, ademais dos aspectos salientados no texto da pregunta rexistrada, “desatende cuestións básicas que si afirma querer protexer a UE”. Nomeadamente a protección da biodiversidade, o uso sostíbel do solo, a preservación do patrimonio natural e cultural ou mesmo ter en conta os riscos que implican algúns proxectos no caso de ter lugar algún tipo de desastre natural. “No caso de  catástrofe, que tería pasado por exemplo cos milleiros de toneladas de cianuro e arxénico da mina de ouro que a transnacional canadense Edgewater quería explotar en Corcoesto?” , lanzou a eurodeputada.

Nos vindeiros días Lídia Senra establecerá novos contactos ca Comisión Europea a fin de solicitar reunións con distintas Direccións Xerais para directamente darlles a coñecer o preocupante escenario que debuxa a Lei de Depredación da Galiza. Aliás, participará na manifestación conxunta convocada pola Plataforma contra a Lei de Depredación da Galiza e o Comité de Defensa do Monte galego que terá lugar mañá, domingo 22, dende as 12.00hrs. saíndo dende a alameda de Santiago de Compostela.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies