AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra pide á CE a carta coa que o Estado español xustifica a discriminación da Galiza no reparto de cotas

28 Novembro, 2018

Bruxelas, 28 de Novembro de 2018. O Artigo 17 da Política Pesqueira Común (PPC) establece que ao asignar as posibilidades de pesca os Estados deben aplicar criterios transparentes e obxectivos, incluídos os de carácter medioambiental, social e económico, como por exemplo o impacto da pesca. Porén, a eurodeputada galega Lídia Senra, membro na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo en representación do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ten denunciado en reiteradas  ocasións a nivel da UE que a pesca artesanal galega está a ser discriminada no reparto de cotas fixado polo Estado español.

Avanzando nesta liña de traballo, hoxe dirixiu unha carta ao Comisario Europeo de Pesca, Karmenu Vella, solicitando coñecer os argumentos cos que o Estado español está a xustificar esta situación. “A supervivencia da pesca artesanal depende en moi grande medida da vontade política. Como é posíbel que á hora de repartir as cotas a frota artesanal, que é precisamente a máis sostíbel, sexa fondamente discriminada? Queremos saber cales son exactamente os motivos. É unha información relevante para poder seguir traballando pola eliminación das trabas ás que se enfronta a nosa pesca artesanal”, explica Senra.

A orixe da misiva enviada hoxe a Vella remóntase a xaneiro do 2016, cando a eurodeputada galega dirixiu unha  pregunta escrita á Comisión Europea denunciando un desequilibrio na distribución de cotas de xarda no Estado español para o caladoiro do Cantábrico e Noroeste que discriminaba á frota galega. O reparto establecido no Boletín Oficial do Estado do 30 de novembro de 2015, alertaba, establecía unha cota para Galiza considerablemente inferior  á de Asturias, Cantabria e País Vasco, aínda tendo o noso País un maior número de embarcacións.

A Comisión de Pesca respostou un par de meses despois afirmando que estaba a realizar un seguimento da aplicación do Artigo 17 do Regulamento da PPC polos Estados membros, que lles ía dirixir unha carta e que unha vez obtidos os datos trasladaría a información solicitada.

Porén, á vista de que non se proporcionaban estes datos, en setembro deste mesmo ano Lídia Senra insistiu novamente a través dunha nova pregunta escrita. Na resposta da Comisión de Pesca, emitida no mes de novembro, o ente comunitario reiterou a relevancia que a UE lle concede ao Artigo 17 da PPC e explicou que se tiña iniciado un procedemento piloto[1] co Estado español, é dicir, que se tiña aberto un diálogo a fin de clarificar o posíbel incumprimento da lexislación comunitaria, materializándose este no envío dunha carta.

Logo de analizar a  resposta das autoridades españolas, sinalou a CE, concluíuse que non se detectou ningún incumprimento pola súa parte en relación coa aplicación do artigo 17 e polo tanto o arquivo pechouse en maio de 2018.

“Non é de recibo que unha solicitude de información, máxime cando as repercusións no sector da pesca artesanal poden ser tan relevantes, sexa pechada en falso deste xeito. O proceder tanto da Comisión de Pesca como do Estado español foi, canto menos, opaco, por non dicir que cas súas evasivas e pouca concreción das súas respostas parecen querer conseguir que nos aburramos de preguntar. Na carta de hoxe solicitámoslle textualmente “o envío dunha copia desa carta e da resposta do Estado español a ese procedemento, así como o resto dos documentos do expediente” -expuxo Senra-. O sector pesqueiro artesanal non só é importante economicamente para Galiza, senón que forma parte da nosa identidade mesma como pobo, así que imos seguir insistindo por tódalas vías posíbeis”.

Carta a Vella sobre o reparto de cotas de xarda_WEB2

 

 

[1] Máis información: http://ec.europa.eu/internal_market/scoreboard/performance_by_governance_tool/eu_pilot/index_en.htm#maincontentSec1 No ano 2017 o español foi o segundo Estado membro -empatado con Grecia- en número de procedementos piloto abertos pola CE (35)

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies