AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra participa nunha delegación da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do PE a Bulgaria

30 Outubro, 2018

 

  • Forma parte dunha delegación de 6 eurodeputadas/os de distintos grupos políticos que están a coñecer diferentes experiencias produtivas
  • Un 81% do territorio total de Bulgaria corresponde a zonas rurais, onde reside un 39% da poboación

Bruxelas, 30 de Outubro de 2018. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), está a participar dende este luns 29 e até mañá, mércores 31, nunha misión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo a Bulgaria para coñecer de primeira man o seu sector agroalimentario. “Estas delegacións sempre nos aportan moito porque permítennos ver a realidade, aterrar os datos e as cifras traducíndoas a situacións e experiencias concretas”, valorou.

 

web_Senra_291018_XuntanzaOrganizaciónsBurlgaria
Momento previo á xuntanza con organizacións sociais mantida durante a delegación da Comisión de Agriculruta e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo a Bulgaria
291018_Bulgaria
Xuntanza ca Viceministra de Agricultura de Bulgaria

A delegación parlamentaria entrevistouse onte en Sofía con Verginiya Krasteva, Viceministra de Agricultura, Alimentación e Silvicultura e distintos expertos sectoriais.  Posteriomente as deputadas e deputados europeos mantiveron unha xuntanza con organizacións non gubernamentais e representantes da Academia Búlgara de Agricultura, finalizando a xornada nunha cea de traballo co Ministro de Agricultura, Alimentación e Silvicultura, Rumen Porodzanov.

A axenda de hoxe, martes, está adicada a coñecer proxectos produtivos. Durante a mañá visitaron unha empresa de produción ecolóxica, o centro etnográfico “Damascena” e a destilería de aceites naturais de lavanda e rosa “Enyo Bonchev Productions”, ubicados no denominado Val das Rosas. Esta área abarca unha extensión de 1.387 quilómetros cadrados e produce case a metade do aceite de rosa a nivel mundial, actividade que a poboación do lugar vén desenvolvendo durante séculos. Para afondar nestas experiencias produtivas, as eurodeputadas/os mantiveron unha reunión con representantes da Asociación Nacional Búlgara de Aceites Esenciais, Perfumería e Cosmética (BNAEOPC). Seguidamente, nas instalacións da Indicación Xeográfica “Aceite de Rosa Búlgara”, tiveron outra xuntanza cos Directores Xerais de BNEOPC, Todor Dinev e Gergana Andreeva.

A tarde do martes incluirá tamén unha visita ao centro apícola Kalofer. A día de hoxe Bulgaria exporta aproximadamente o 75% de toda a súa produción de mel, maioritariamente á UE. Non obstante, a Unión Europea segue a ser a maior importadora mundial deste produto, en tanto que a principal exportadora é China. A xornada de hoxe pechará cunha cea de traballo con representantes do sector vitivinícola, incluída a Cámara Nacional de Viños e Vides.

Mañá, mércores, concentraranse na axenda de traballo diversas reunións institucionais, entre as que se atopa unha xuntanza con integrantes da Asemblea Nacional da República de
Bulgaria
e membros da Comisión de Agricultura, incluída a súa presidenta,  Tsveta Karayancheva. Tamén visitarán o mercado local e manterán unha xuntanza con representantes da ONG Bioselena, que traballa no desenvolvemento da agricultura ecolóxica.

“A economía rural de Bulgaria depende en grande medida da agricultura e, salvando cuestións de orientación produtiva específica, como o peso do sector de destilación de aceites esenciais, presenta certas similitudes con Galiza. Polo que nos comentaron, tamén aquí a falta duns prezos que permitan as persoas vivir da agricultura, ou as dificultades da mocidade para acceder a terra,  son problemas importantes que están a provocar que as persoas abandonen o rural buscando oportunidades nas vilas e cidades. A poboación rural está envellecida e non teñen acceso a servizos básicos de calidade. É dicir, que como temos reiterado en moitas ocasións, o modelo de desenvolvemento rural da UE falla en todos os Estados membro. Precisamos unha Política Agraria Común distinta, que realmente garanta un medio rural europeo vivo e labrego. Agora temos a oportunidade de elaborar unha PAC 2021-2027 que responda a este reto”, exhortou Lídia Senra dende Bulgaria.

web_Senra_EmpresaProduciónEcolóxica_Bulgaria301018-
Delegación da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo desplazada a Bulgaria

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies