AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “O PP quere substituír a pesca artesanal e a pequena escala favorecendo a grande pesca e a acuicultura industrial”

15 Maio, 2018
ComPECH_Senra150518
Intervención da eurodeputada Lídia Senra solicitando a incorporación dunha opinión minoritaria crítica co informe aprobado

  • Dous anos despois da paralización na Galiza, o PP europeo lanza dende a Comisión de Pesca do PE un informe de apoio á acuicultura industrial
  • Lídia Senra empregou o procedemento de “opinión minoritaria” para alertar das consecuencias para a pesca artesanal e a pequena escala

Bruxelas, 15 de Maio de 2018. Durante a sesión da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo celebrada na mañá de hoxe, Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), opúxose ao proxecto de informe Cara un sector europeo da acuicultura sostíbel e competitivo: situación actual e futuros desafíos empregando o procedemento parlamentario de “opinión minoritaria” -cuestión que non foi do agrado nin do poñente nin do seu colega de partido Gabriel Mato-,  deixando constancia da súa crítica a un informe que pretende impulsar un modelo de produción acuícola intensivo, totalmente oposto aos compromisos de sostenibilidade ecolóxica e social que di secundar a Unión Europea. “Os cebadeiros intensivos de peixes xeran grandes cantidades de materia fecal, residuos de pensos e medicamentos -antibióticos, entre outros- que contaminan as augas cun forte impacto negativo nos ecosistemas fluviais, mariños e na saúde. Ademais  as especies locais nos entornos destas granxas vense afectadas polas enfermidades orixinadas nas mesmas.”

A galega, que no seu momento presentou un total de 84 emendas na defensa de controis rigorosos dos impactos ambientais, sociais e económicos da acuicultura industrial, manifestou a súa preocupación polo feito de que o texto orixinal –do que é relator o eurodeputado do Partido Popular Carlos Iturgaiz-,  teima en favorecer a imposición do sector acuícola industrial a nivel europeo e relaxar os controis para autorizar novas explotacións, unha medida na que percibe “un intento de favorecer  ás empresas multinacionais e aos grandes capitais de inversores estranxeiros”.

As importantes mobilizacións na Galiza lideradas fai uns anos pola plataforma social Galiza non se Vende contra as multinacionais norueguesas, así como as máis recentes protestas do sector pesqueiro galego fronte ao proxecto da Conselleira Rosa Quintana hai apenas dous anos, proban que a sociedade galega é consciente de que a industrialización do mar destrúe máis postos de traballo dos que crea e dana significativamente os ecosistemas. “Quizais por iso agora o PP está a tentalo pola vía europea… O que dende logo fica claro co texto que presentaron é que o impulso do cebo de peixes no mar polo que aposta o PP vai na vía de substituír a pesca artesanal e de pequena escala para favorecer a grande pesca e a acuicultura industrial, co grave impacto que isto tería nas vilas e pobos da costa e no noso país en xeral”, alerta Lídia Senra.

En base ao principio de precaución e aos impactos negativos que o cebo industrial vai ocasionar, nomeadamente a destrución de emprego nas zonas costeiras e a incompatibilidade ca alimentación sa, segura e sostíbel, dende o GUE/NGL Lídia Senra tamén fixo fincapé na opinión minoritaria recollida neste informe en que “non debe promoverse nin permitirse a instalación destes cebadeiros na Unión,  dado que as súas consecuencias e efectos nos ecosistemas serán totalmente incontrolábeis”.  A eurodeputada galega reiterou asemade que o obxectivo fundamental das actuacións da UE en materia pesqueira ten que ser “manter os ecosistemas mariños e as poboacións locais, evitando o desprazamento e a destrución da pesca artesanal e de pequena escala, así como a terra agrícola afectada nas contornas mariñas onde se asenta esta industria”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies