AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “O marcado “CE” debería estar reservado exclusivamente aos produtos da Unión Europea”

23 Outubro, 2017
  •  Esixiu claridade na etiquetaxe e limitacións aos fertilizantes químicos; estudos independentes e públicos e apostar polo modelo agroecolóxico
  • Criticou a complicidade da Unión Europea no espolio dos recursos naturais do pobo saharaui a través da importación de rocha fostatada


Estrasburgo, 23 de Outubro de 2017. Durante a tarde de hoxe -primeiro día da sesión plenaria do Parlamento Europeo que terá lugar até o vindeiro xoves en Estrasburgo (Francia) [ORDE DO DÍA]-, a representante do Grupo da Esquerda Verde Nórdica/Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, esixiu á Unión Europea o establecemento de límites estritos ás substancias químicas nos fertilizantes e a prohibición total daquelas con risco de seren nocivas para a saúde das persoas, animais e medio ambiente. En aras de avanzar na redución do emprego de fertilizantes químicos, demandou o impulso ao desenvolvemento dun modelo agroecolóxico e dunha maior interrelación entre o gando e a agricultura, potenciando a utilización do esterco e fomentando a compostaxe nas propias fincas agrícolas. Deste xeito as labregas e labregos, así como os propios países, serían cada vez “menos dependentes de insumos do exterior, o  cal tamén evitaría un maior impacto ambiental e contribuiría á  loita contra o cambio climático”.

Esta intervención da eurodeputada galega no marco do debate sobre a proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para o establecemento de disposicións relativas á comercialización de produtos fertilizantes co marcado “CE” -modificando os Regulamentos (CE) n.º 1069/2009 e (CE) n.º 1107/2009-, tivo ademais un destacado carácter crítico ca política exterior da UE, ao pór sobre a mesa que precisamente a rocha fosfatada, un dos principais compoñentes dos fertilizantes, ten como maior exportador a Marrocos, quen  extrae esta substancia nos territorios ocupados do Sáhara Occidental. Cómpre destacar que esta rocha presenta elevados níveis de cadmio, un metal pesado altamente nocivo para a saúde. Fonte a esta situación, “as institucións europeas teñen que garantir a soberanía do pobo saharaui sobre os seus recursos, actualmente espoliados por Marrocos,  e non ceder a presións externas en canto ao establecemento dos níveis admitidos de cadmio nos fertilizantes” reiterou unha vez máis Senra, que  xa no mes de xullo deste ano dirixiuse á Comisión Europea a través dunha pregunta parlamentaria para denunciar estes feitos.

Na liña de pór sobre a mesa as cuestións xeopolíticas que se agochan tras as dinámicas comerciais da UE, a eurodeputada galega valorou que “o marcado CE debería estar reservado unicamente para os produtos da Unión Europea”, incidindo en que a etiquetaxe dos produtos fertilizantes ten que ser clara, “con informacións doadas de entender de todas as substancias que conteñen, e traducidas a tódalas linguas oficiais dos Estados membro onde se estean a comercializar”.

Aliás, Lídia Senra esixiu o estrito respecto ao principio de precaución nos procedementos de avaliación, para o que, á vista da confirmación da manipulación que algunhas empresas están a facer do resultado de estudos científicos -como no caso dos papeis da Monsanto abordado a pasada semana no Parlamento Europeo-, “os organismos de avaliación da conformidade deben ser públicos e basearse en estudos e análises independentes, transparentes e públicos, e seren actualizados continuamente”. “So deste xeito se poderá garantir que non se están  a comercializar fertilizantes ca marca CE que prestan risco para a saúde humana, animal, vexetal ou para o medio ambiente”, concluíu a eurodeputada.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies