AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra lamenta que o PE perdera a oportunidade de avanzar no cumprimento real do dereito á auga

24 Outubro, 2018

 

  • O PE aprobou en sesión plenaria unha polémica proposta de Directiva relativa á calidade das augas destinadas ao consumo humano
  • Non garante o acceso á auga potábel para a cidadanía, afonda na privatización da xestión das augas e non é estrita cos límites de residuos

Estrasburgo, 24 de Outubro de 2018. Reunido en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) durante esta semana, o Parlamento Europeo aprobou onte unha controvertida proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa á calidade das augas destinadas ao consumo humano.

A eurodeputada Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou en contra deste informe ao ter deixado fóra diversas emendas relevantes a nivel social e medioambiental e ao constituír unha proposta, no seu conxunto, “demasiado xeral e que en absoluto garante o acceso á auga potábel e ao saneamento para toda a cidadanía; aliás de non enfrontar en ningún momento unha cuestión de fondo importantísima como é o feito de que a xestión da auga e o saneamento está na maioría das ocasións en mans de empresas privadas grazas á connivencia de gobernos a todos os niveis. Calquera texto lexislativo sobre a auga non debería eludir o feito de que hai quen está a facer negocio cun dereito humano recoñecido como tal dende 1977 polas Nacións Unidas”. De feito, cabe lembrar que en xullo de 2010 a Resolución 64/292 da Asemblea Xeral da ONU reafirmou que o saneamento e a auga potábel limpa son esenciais para a realización de tódolos dereitos humanos.

 A deputada coincide ademais con outros colegas do GUE/NGL en subliñar que a proposta presentada pola Comisión Europea “distorsiona o contido da iniciativa Cidadá “Right2Water” , diminúe a función de supervisión dos Estados e favorece que as empresas transnacionais do denominado “negocio da auga” podan realizar elas mesmas as analíticas de augas que xestionan”.

31643586288_aa99ebf936_o
Deputadas e deputados do GUE/NGL amosando o seu apoio á iniciativa cidadá Right2Water na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo o 23 de outubro de 2018

 Precisamente este mesmo luns as deputadas e deputados do GUE/NGL reuníronse ca plataforma italiana Mamme No PFAS, que agrupa a persoas afectadas pola contaminación das augas con sustancias perfluoroalquílicas (PFAS) na rexión de Veneto, que achegaron unha experiencia concreta neste sentido. Durante máis de corenta anos aproximadamente 400 mil persoas foron envelenadas con estas substancias catalogadas como disruptoras endocrinas, que provocan dende cancro até malformacións fetais e abortos, esterilidade, Alzheimer, enfermidades cardíacas, diabetes… Este problema non afecta só a esta rexión, senón que, segundo os datos da plataforma, disruptores endocrinos como os PFAS foron detectados xa na auga potábel da metade do territorio europeo. Sen embargo, durante a votación da Directiva, as emendas que facían alusión aos límites a establecer nos PFAS non foron aprobadas.

 Tampouco superaron a votación emendas que pedían garantir que unha cantidade mínima vital de auga destinada ao consumo humano chegase a toda a cidadanía en calquera circunstancia. “Esta emenda non só pedía algo básico e aceptábel dende calquera punto de vista, senón que mesmo era bastante condescendente cas empresas distribuidoras, ás que lles propuña a posibilidade de instalar un limitador de subministro en caso de retraso no pago, co que só terían que proporcionar a cantidade esencial de auga recomendada pola Organización Mundial da Saúde”, sinalou a eurodeputada.

Con este ambiente entre os grupos maioritarios no Parlamento, tampouco foron aprobadas as emendas que pedían expresamente prohibir o corte do subministro de auga por parte dos distribuidores aos fogares, nin, xa que logo, a que pedía que se garantira o subministro gratuíto de auga ás persoas consumidoras en restaurantes, cantinas e servizos de comidas.

Tamén fixo que a eurodeputada galega se decantase polo voto negativo o feito de que non se teña aprobado proporcionar dende a Comisión Europea axuda aos municipios para favorecer o acceso a asistencia técnica, financiamento e renovación de infraestruturas hídricas a fin de garantir o subministro de auga de alta calidade e ampliar os servizos de auga e saneamento da poboación socialmente más vulnerábel.

“O Parlamento perdeu a oportunidade de respostar ás necesidades da sociedade europea garantindo a blindaxe dos servizos de auga e saneamento para que estean a salvo de privatizacións e se asegure a realización controis exhaustivos da súa calidade”, lamentou a eurodeputada galega Lídia Senra.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies