AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra insta aos Estados español e francés a respectar os dereitos humanos das persoas presas

5 Setembro, 2017

 

  • O Grupo de Amizade co País Vasco do PE convocou esta mañá a conferencia Proceso de Desarme: Cara unha paz duradeira no País Vasco
  • A eurodeputada salientou o contraste existente entre a inmobilidade dos Estados español e francés e o compromiso amosado pola sociedade

 

Senra_BasqueFriendship050917_77-min
Josep María Terricabras (ERC), Harold Good, Mark Demesmaeker (ECR). Lídia Senra, Martina Anderson (Sinn Fein), Anaiz Funosas (Bake Bidea)

Bruxelas, 5 de Setembro de 2017. Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participou na mañá de hoxe na conferencia “Proceso de Desarmamento: Cara unha paz duradeira no País Vasco”, convocada polo Grupo de Amizade co País Vasco do Parlamento Europeo (PE), do que é integrante. Logo da apertura do evento a cargo da eurodeputada galega, tomaron a palabra o deputado Mark Demesmaeker -coordenador do European Conservatives and Reformists Group (ECR)-, a deputada irlandesa Martina Anderson -Sinn Féin- e o deputado catalán Josep María Terricabras -Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)-.

Co obxectivo principal de falar polo miúdo do proceso de desarmamento de ETA e pór sobre a mesa os retos que inda fican pendentes, este evento contou ca participación do pastor metodista irlandés Harold Good, observador nos procesos irlandés e vasco, quen apelou ao principio de reciprocidade para demandar aos estados francés e español o achegamento das persoas presas. En representación da sociedade civil, Anaiz Funosas, voceira do movemento civil Bake Bidea, subliñou que está a ser precisamente a sociedade a forza que está a funcionar como principal panca no proceso de paz.

Ao igual que manifestaron na rolda de prensa convocada o pasado 29 e marzo, as deputadas/os integrantes deste grupo de amizade co País Vasco subliñaron esta mañá o seu apoio ao proceso de desarmamento de ETA auspiciado pola sociedade civil. Nesta liña, Lídia Senra chamou a atención sobre a “falta de vontade dos gobernos español y francés para seguir avanzando na resolución definitiva desta situación”, unha falta de compromiso ca paz que “contrasta claramente ca implicación amosada pola sociedade vasca”.  A eurodeputada galega tamén fixo fincapé na necesidade de “poñer sobre a mesa a obriga de respectar os dereitos humanos das persoas presas” e que, neste caso, abondou, “pasa ineludibelmente por rematar cas políticas de dispersión e por proporcionar unha atención axeitada ás presas e presos gravemente enfermos”.

Ademais da súa participación no Grupo de Amizade do Parlamento Europeo dende o inicio da lexislatura, Lídia Senra formou parte tamén da delegación de eurodeputadas/os que en febreiro do 2016 se desprazou a distintas zonas do País Vasco a fin de comprobar as consecuencias da política penitenciaria aplicada polos Estados español e francés ao respecto dos dereitos humanos dos presos e presas vascas e os seus familiares.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies