AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á Unión Europea a recoñecer que o euro “foi unha estafa para os pobos do sur da UE”

15 Decembro, 2015
  • Hoxe tivo lugar na sesión plenaria do Parlamento un debate conxunto co Eurogrupo e a Comisión sobre a unión económica e monetaria
  • Demandamos ás institucións europeas que asuman a responsabilidade das consecuencias sociais provocadas polo actual modelo económico

 Bruxelas, 15 Decembro 2015. Dende onte e até o vindeiro xoves 17 o Parlamento Europeo está reunido en sesión plenaria[1] en Estrasburgo (Francia). A última hora da mañá de hoxe tivo lugar un debate conxunto do Parlamento, Comisión e Eurogrupo ao respeito da realización da unión económica e monetaria en Europa, unha proposta baseada no informe Realizar a Unión Económica e Monetaria Europea, publicado polos denominados “cinco presidentes” [2] -presentes tamén hoxe no debate-, o pasado 22 de xuño.

 Diante dos argumentos pro-neoliberais expostos no debate, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, encetou a súa intervención no hemiciclo recordando que “o euro foi unha estafa para os pobos do sur da Unión Europea”. Se dende a UE non se realiza unha autocrítica analizando e avaliando as consecuencias do propio euro, “a Unión Económica e Monetaria que vostedes proxectan seguirá agrandando as desigualdades e seguirá aumentando a pobreza e a exclusión social”.

Diante das caducas propostas do Presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, reiterando seguir cas reformas económicas estruturais, reformas das pensións e reformas laborais… “Isto non é nada novo”, retrucou a eurodeputada galega, “isto xa o coñecemos e por iso sabemos que son medidas para seguir extorsionando ás clases populares, para eliminar as conquistas sociais de séculos de loitas das clases traballadoras e para beneficiar a especulación”.

Senra tamén visibilizou a súa decepción diante da intervención do presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, criticando que non contemplara “propostas para acabar cas políticas de austeridade, medidas políticas para rescatar ás persoas da pobreza e da exclusión social, para recuperar e xerar emprego digno, garantir prezos remuneradores para o campesiñado, medidas para manter o pequeno comercio e ás pequenas e medianas empresas…”.

A deputada de AGEe instou na Eurocámara a garantir “unha ensinanza e unha sanidade públicas, gratuítas, de calidade e de acceso universal”, así como a “liberar aos pobos da obriga de priorizar o pago da débeda”.

“De todo isto esperabamos falar hoxe”, concluíu con contundencia Lídia Senra, “sen embargo, vostedes seguen falando de propostas para as corporacións transnacionais e a Banca e en contra das persoas”.

Intervención durante a sesión plenaria. “O euro foi unha estafa para os pobos do sur da Unión Europea”. Se dende a UE non se realiza unha autocrítica analizando e avaliando as consecuencias do propio euro, “a Unión Económica e Monetaria que vostedes proxectan seguirá agrandando as desigualdades e seguirá aumentando a pobreza e a exclusión social”.

 

 

[1] Orde do día de toda a semana: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+AGENDA+20151214+SYN+DOC+XML+V0//PT

[2] Os “cinco presidentes” son o Presidente da Comisión Europea –Jean-Claude Juncker-, o do Cumio do Euro –Donald Tusk-, o do Eurogrupo –Jeroen Dijsselbloem-, o do Banco Central Europeo –Mario Draghi– e o do Parlamento Europeo –Martin Schulz-. O pasado 22 de xuño estes cinco presidentes fixeron público o informe “Realizar a Unión Económica e Monetaria europea”, folla de ruta da proposta neoliberal explicitada hoxe durante o debate conxunto. Posición de Alternativa Galega de Esquerda en Europa ao respeito deste informe, na [NdP250615AGEe] Senra: “O informe dos cinco presidentes significa afondar na axenda neoliberal”.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies