AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra insta á CE a valorar a vulneración de directivas europeas que suporía o trasvase do río Verdugo

15 Marzo, 2018 auga, Comisión Europea, Fernando Malvar, GUE/NGL, Lidia Senra, Pladever, Ponte Caldelas, río Verdugo, Roi Marquez, trasvase, Vigo
  • A eurodeputada denuncia na Comisión Europea que o Concello de Vigo non promove o uso sostible e despilfarra auga incluso en época de seca 
  • Considera que o proxecto poñería en perigo o futuro de 200 familias que viven do marisqueo na ensenada e afectaría a zona Rede Natura

Reunion de Lidia Senra con membros de Pladever_2656x1494

Santiago, 15 de marzo de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra insta á Comisión Europea (CE) a valorar a posible vulneración de directivas internacionais que suporía o trasvase do río Verdugo, en Ponte Caldelas, para abastecemento de auga da cidade de Vigo. Senra rexistrou en Bruxelas a principios deste mes unha pregunta por escrito dirixida á CE na que informa ao ente comunitario do acordo tomado a finais do ano pasado entre a Xunta de Galiza e o Concello olívico para bombear auga desde o río Verdugo a 350 litros por segundo, o que implicaría ademais reducir o caudal ecolóxico do río Oitavén a 150 litros por segundo, e todo iso a pesar de que malia a alta seca vivida, o embalse principal, o embalse de Eiras, nunca baixou do 37,6% de nivel de auga.

Pregunta rio verdugoA xuízo de Lídia Senra, o proxecto de trasvase, que está sendo tramitado por vía ordinaria na actualidade, “non promove o uso sostible da auga nin a protección a longo prazo dos recursos hídricos“. Así, a europarlamentaria denuncia que as autoridades galegas propoñen este trasvase ao mesmo tempo que non cumpren as prioridades que se deben levar a cabo en situacións de prealerta e alerta de seca. “Non fixeron nada para evitar que Vigo perda un 30% do abastecemento de auga e que siga despilfarrando auga organizando festas da auga en plena seca, levando a cabo baldeos de rúas con auga potable en alerta de seca, tarificando dun xeito que a máis consumo de auga, menos custe, por exemplo”, denuncia Senra, para cargar tamén contra a Xunta por “non ter creado o Consello Sostible da Auga”.

Ante esta situación, Lídia Senra pídelle á CE que se posicione sobre se o trasvase do Verdugo vai contra a Directiva Marco da Auga 2000/60/CE. Ademais, sabido que unha cuarta parte do río e o seu nacemento está na Rede Natura Serra do Cando, Senra pregúntalle á CE se non debería protexerse máis a biodiversidade e impedir este trasvase que modificaría o ecosistema do río. A eurodeputada fai tamén fincapé en que na ensenada hai ao redor de 200 familias que viven no marisqueo e que verían perigar o seu traballo de levarse adiante o trasvase do Verdugo. “É esto sostible e acorde coas normativas europeas?”, pregunta Senra.

O escrito rexistrado agora por Lídia Senra é resultado da reunión que a eurodeputada mantivo en Ponte Caldelas a finais de xaneiro con membros da Plataforma en Defensa do Verdugo (Pladever) e co portavoz da Marea local, Roi Márquez Rincón.

LIida Senra, en Ponte Caldelas, con Roi Marquez Rincon á dereita e á esquerda Fernando Malvar_2656x1494

Lidia Senra visitando Ponte Caldelas en xaneiro pasado, á beira do Verdugo_2656x1494

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies