AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra insta á CE a posicionarse sobre o feito de o Estado español lidera o ranking mundial de artistas en prisión

20 Xuño, 2018
  • A eurodeputada faise eco do informe de Freemuse e pídelle á Comisión Europea que valore a preocupante falta de liberdade de expresión 
  • No 2017 foron encarceradas 13 persoas polas súas creacións artísticas, por diante de China (12) e Irán (9), co pretexto da loita antiterrorista

artistas encarcerados informe freemuse 2018Santiago, 20 de xuño de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra reclámalle á Comisión Europea (CE) que se pronuncie sobre o feito de que o Estado español lidera actualmente o ranking mundial de países co maior número de persoas que son artistas encarceradas. Senra rexistrou hoxe pola mañá en Bruxelas unha pregunta escrita dirixida ao ente comunitario, na que lle achega o informe anual ‘O Estado da liberdade artística. 2018’[1], elaborado pola organización internacional independiente Freemuse, con sede en Dinamarca, e no que se recolle que o español é o Estado do mundo que meteu en prisión a máis artistas durante o ano pasado. Concretamente, foron 13 as persoas artistas encarceradas, por diante de lugares como China (12) e Irán (9). O informe, silenciado polos medios de comunicación maioritarios, apunta a que os tribunais aproveitan as modificacións introducidas na lexislación antiterrorista no 2015 para considerar como apoloxía ou enaltecemento do terrorismo cancións, textos ou fotografías que simplemente son expresións artísticas.

Tendo en conta que a CE en todas as súas manifestacións públicas sempre se compromete de palabra e por escrito a garantir que a liberdade de expresión e a liberdade de reunión se respecten de xeito estrito, Lídia Senra cre que é o momento de que a Comisión pase das palabras aos feitos. Así, ademais de preguntarlle pola súa opinión sobre a situación no Estado español, pregúntalle tamén se pensa contactar coas autoridades competentes para intercambiar impresións sobre esta situación e tomar medidas encamiñadas a garantir de verdade a liberdade e a democracia en todos os Estados membro.

A europarlamentaria considera que casos como o do rapeiro Valtoyc, actualmente exiliado en Bélxica para evitar o cárcere despois de ser condenado a tres anos e medio polas letras das súas cancións; ou o da Insurgencia, grupo de 12 rapeiros entre os que se inclúen galegos, condenados a máis de dous anos de cárcere tamén polas letras das súas cancións; ou o do tamén rapeiro Pablo Hasel condenado xa en dúas ocasións diferentes tamén polas súas letras, a 5 anos de prisión; e moitos outros que estamos a ver e que non son tan mediáticos, certifican que no Estado español a liberdade de expresión está en serio risco de ameaza. “Agora, ademais, todo isto que levamos tempo denunciando, vese corroborado co informe emitido por Freemuse, que constata que lonxe do que se nos quere facer crer moitas veces, a liberdade de expresión non periga só en países lonxanos, senón que o Estado español, por moito que na televisión e na radios e nos periódicos de gran tirada non o recollan, lidera a lista mundial de artistas encarcerados. Isto é inadmisible e a CE debe pronunciarse xa sobre o feito de que un Estado membro da UE estea nesta situación”, defende Senra.

A eurodeputada agarda que desta vez a Comisión Europea non bote balóns fora, como acostuma facer moitas veces, e asuma as súas responsabilidades e compromisos coa defensa dos dereitos e das liberdades fundamentais. Esta non é a primeira iniciativa neste sentido que presenta Senra. En efecto, a europarlamentaria galega xa apoiara hai uns meses outra pregunta rexistrada en colectivo[2] por decenas de eurodeputados e eurodeputadas que incluía a denuncia sobre a censura de ARCO á exposición de Santiago Sierra sobre presos políticos na España do século XXI ou o secuestro xudicial do libro Fariña, do galego Nacho Carretero.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies