AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “É vergoñento e indignante que responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde das mulleres”

2 Maio, 2016 cancro, crise de dereitos, dereitos humanos, emerxencia social, estafa financieira, Lidia Senra, mulleres, políticas públicas, privatización, sanidade, saúde

• AGEe trasladou á Comisión Europea a situación de discriminación na atención sanitaria que están a sufrir mulleres da área sanitaria viguesa
• A denuncia do incumprimento do Informe sobre o cancro de mama na UE foi transmitida tamén a través da Comisión de Peticións do PE

Bruxelas, 02 Maio 2016. O cancro de mama é a día de hoxe o máis presente na sociedade europea, chegando a abarcar o 13,8% do total dos casos ; un dato que adquire unhas proporcións moito máis graves se non perdemos de vista que só pode desenvolverse nas mulleres, é dicir, aproximadamente a metade da poboación. Este é tamén o cancro máis frecuente entre as propias mulleres, acadando taxas de até o 30%.

Porén, a taxa de mortalidade está no 7.2%, o cal é mostra evidente da importancia da detección precoz e o seu correcto tratamento. Conscientes destas posibilidades, no ano 2003 o Parlamento Europeo aprobou o Informe sobre o cancro de mama na Unión Europea, que pide especificamente aos Estados “que toda muller que padeza cancro de mama teña dereito a ser tratada por un equipo multidisciplinar”, instándoos a establecer “unha rede global de centros certificados e multidisciplinares de mastoloxía”.

Un dos principais motivos polo cal o Parlamento decidiu elaborar este informe foi precisamente porque resultaban inaceptábel as diverxencias existentes de até o 16% na taxa de supervivencia ao cancro de mama en función do Estado onde viviras. “Trece anos despois, atopámonos ca vergoñenta e esperpéntica situación de que, na Galiza, actualmente esta discriminación estase a dar mesmo dentro das pacientes dunha mesma área sanitaria”, denunciou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra.

A través da visita realizada pola plataforma SOS Sanidade Pública o pasado mes de marzo ao Parlamento Europeo , soubemos que dende comezos da década dos ’90 139.00 habitantes da área sanitaria de Vigo foron asignados/as sen consulta previa ao hospital privado Povisa S.A., ficando limitados a unha atención deficitaria en comparación co resto de habitantes que integran esta área.
Esta situación está a conlevar unha gravísima discriminación na atención sanitaria para máis de 73.000 mulleres que, ao estaren asignadas a un hospital privado e menos servizos como é Povisa, non teñen acceso á Unidade Multidisciplinaria implantada no Hospital Universitario de Vigo (Meixoeiro) -seguindo as indicacións establecidas no citado Informe emitido polo PE no ano 2003-, como si teñen as demais mulleres desta área.
“É indignante que máis de dez anos despois deste informe, haxa unha área sanitaria que sega afondando nesta discriminación cando hai datos que sinalan que, detectados precozmente, os cancros de mama son superados nun 90% dos casos”, criticou a eurodeputada galega.
“Debido ao deterioro intencionado dos servizos públicos para acelerar a súa privatización, e á introdución de criterios salvaxemente economicistas no eido da saúde, a situación sanitaria no noso País está dando lugar a situacións realmente aterradoras”, lamentou a eurodeputada galega. “Mete medo ver a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro e os ‘trapicheos’ da súa xestión público-privada ; mete medo a restrición de medicamentos como os da Hepatite C simplemente porque a Xunta antes prefire aforrar cartos que mortos e mortas, e agora tomamos consciencia tamén de situacións coma esta: que dependendo de se vives uns kilómetros cara un lado ou cara o outro tes máis ou menos posibilidades de curar un cancro de mama. É vergoñento e indignante que responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde e, neste caso concreto, ca saúde das mulleres”
Pregunta parlamentaria e Comisión de Peticións
Na procura da igualdade real no acceso á atención sanitaria, que neste caso concreto implica que a Unidade Multidisciplinar do Hospital Meixoeiro sexa a Unidade de referencia de todas as mulleres da Área Sanitaria de Vigo -independentemente da localidade na que habiten ou cal sexa o seu hospital de referencia-, en colaboración ca plataforma SOS Sanidade Pública vimos de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea denunciando o incumplimento das recomendacións da UE .

Paralelamente, acompañamos á plataforma no proceso de rexistro desta denuncia na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, realizado o pasado xoves 28 de abril . Asemade, dende AGEe faremos seguimento exhaustivo da evolución desta petición ao longo dos vindeiros meses.

 

[1]Datos estatísticos incidencia cancro na UE obtidos do INFORME DA COMISIÓN AO PARLAMENTO EUROPEO, AO CONSELLO, AO COMITÉ ECONÓMICO E SOCIAL EUROPEO E AO COMITÉ DAS REXIÓNS. Aplicación da Comunicación da Comisión, do 24 de xuño do 2009 «Acción contra o cancro»: unha asociación europea [COM(2009) 291 final] e segundo informe de aplicación da Recomendación do Consello sobre o cribado do cancro, do 2 de decembro do 2003 (2003/878/EC): http://ec.europa.eu/health/major_chronic_diseases/docs/2nd_implreport_cancerscreening_co_eppac_pt.pdf

[1] http://plataformasanidadecangas.blogspot.lu/2016/03/en-bruxelas-caminando-cara-igualdade.html

[2]http://plataformasanidadecangas.blogspot.be/2015/12/informe-dramatico-sobre-sanidade-galega.html .Pregunta parlamentaria rexistrada por AGEe en relación aos partenariados público-privados na Sanidade: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2016-002455+0+DOC+XML+V0//PT

[3] Adxunta.

[4] http://plataformasanidadecangas.blogspot.be/2016/04/por-unha-unidade-multidisciplinar-do.html

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies