AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra e Verao exixen que a Xunta protexa o castro de Chavaga e impida pór eucaliptos en zonas queimadas

23 Agosto, 2018 castro, Chavaga, distrito forestal VIII, En Marea, eucaliptos, GUE/NGL, incendios, lemos, Lidia Senra, monfortes, patrimonio cultural, Paula Vazquez Verao
  • As deputadas presentaron hoxe en Monforte as iniciativas rexistradas no Parlamento Europeo e no Galego e as denuncias feitas ante a Xunta
  • Aseguran que permitir plantar este tipo de especies no Distrito Forestal VIII é actuar de forma irresponsable e alimentar os lumes do futuro
    20180823_113121-768x432

Monforte, 23 de agosto de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e a deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Verao, exixiron este xoves que a Xunta de Galicia actúe de forma responsable e cumpra a súa propia normativa en materia de protección do patrimonio cultural e natural. “Permitir que se dane o castro de Chavaga cos traballos de retirada da madeira queimada durante os lumes do pasado outono e permitir plantar eucaliptos como se está facendo noutras zonas da parroquia que forman parte do Distrito Forestal VIII, que comprende o sur da provincia de Lugo, e sobre terreos que xa foron queimados, é alimentar os lumes do futuro”, advertiu Senra durante a rolda de prensa ofrecida con Paula Vázquez Verao esta mañá en Monforte de Lemos.

Durante a comparecencia ante a prensa, ambas as deputadas deron conta das iniciativas rexistradas tanto no Parlamento Galego, como no Parlamento Europeo, e ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Xunta de Galicia, referidas a estes asuntos, e resultantes dunha visita que ambas as dúas realizaron a Chavaga hai unhas semanas[1]. “Son cuestións preocupantes para o futuro do país e a nivel medioambiental e de afectación para as persoas que viven na comarca de Monforte porque deixar plantar eucaliptos pode traer máis lumes no futuro”, recalcou Senra, quen criticou duramente ao Goberno galego por “ternos acostumadas a mirar para outro lado e permitir actuacións que poden danar o patrimonio e ter consecuencias graves”.

Así, Senra lembrou como o 2018 está declarado como o Ano Europeo do Patrimonio Cultural e fixo un chamamento a poñer en valor todo este patrimonio e a divulgalo e sensibilizar á poboación sobre estes bens. “En Chavaga hai un castro e non se pode permitir calquera tipo de actuación que poida danar o xacemento arqueolóxico como está a pasar despois de ter aberto vías de acceso que poideron danar a súa contorna para retirar a madeira queimada”, dixo.

No mesmo sentido, Paula Vázquez Verao lembrou que a Xunta ten competencias en materia de conservación do patrimonio e amosou a súa preocupación ante unha problemática que “afecta a toda a provincia lucense, xa que case todos os días vemos destrución do patrimonio na provincia, sendo unha constante a situación de desprotección do patrimonio galego. A Administración debe velar porque se conserven os xacementos arqueolóxicos, non mirar para outro lado”, dixo. A deputada no Parlamento Galego tamén lembrou que a propia Xunta determinou no seu día que non se deben plantar eucaliptos no Distrito Forestal VIII. “Que vai facer para promover plantacións sostibles nesta zona e evitar os eucaliptos como ela mesma ditou e que sen embargo non se está a cumprir?”, pregunta Verao.  Así mesmo, “pedimos que a Xunta, conforme á súa lei, nos diga se estaban concedidos os permisos pertinentes para actuar no castro de Chavaga e se eses traballos de retirada da madeira afectaron á zona. Entendemos que pode ser, porque hai movementos de terras. Sendo un castro dunha importancia histórica constatada, pedimos tamén que a Xunta aprobe fondos para estudar a contorna, divulgala e protexela”, engadiu.

En concreto, Lídia Senra rexistrou xa unha pregunta escrita á Comisión Europea denunciando a situación do castro de Chavaga, e tamén un remitiu un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre esta situación. Igualmente, remitiu un escrito á Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Xunta de Galicia. E na mesma liña, Paula Vázquez Verao rexistrou unha pregunta para resposta escrita no Parlamento Galego sobre o castro de Chavaga e o grupo parlamentario galego En Marea unha Proposición Non de Lei tamén sobre o castro,  e tamén outra pregunta para resposta escrita sobre o Distrito Forestal VIII e a plantación de eucaliptos. 

Os últimos datos recoñecidos pola Xunta, que son do 2016, tomados pola comisión do novo Plan Forestal como referencia, indican que temos 330.000 hectáreas puras de eucalipto e outras 160.000 hectáreas de eucalipto mixturado. En total, poderiamos estar falando de 490.000 hectáreas con eucaliptos na Galiza. O dato é máis que preocupante se temos en conta que a previsión do Plan Forestal da Xunta elaborado no ano 1992 era dun máximo de 245.000 hectáreas para o ano 2032, cifra máis que superada xa na actualidade. “Nós cremos que a propia Xunta de Galicia está mirando para outro lado e permitindo que se contraveñan as súas propias normativas, en concreto os artigos 74 e 76 da Lei de Montes, que establecen que os plans de ordenación de recursos deberá coordinarse cos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais; e o Artigo 9.2 do Decreto 52/2024; e a Orde 19 de Maio de 2014, pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia”, dixo Lídia Senra. Na citada Orde de 19 de Maio de 2014, o eucalipto queda excluído do Distrito forestal VIII, Terra de Lemos. “Por outro lado, entendemos que a introducción de eucaliptos neste Distrito, contravén as letras a, b, c, d, f e k do punto 23 da Decisión Ministerial de Oslo sobre o Mandato para a Negociación dun Acordo Xuridicamente Vinculante sobre Bosques en Europa asinado polo Estado Español e pola Unión Europea”, engadiu. “Hai toda unha serie de regulamentación tanto europea como galega que se está contravindo. Debemos traballar contra o lume e traballar na liña de evitar eucaliptos no distrito VIII. É responsabilidade única e exclusivamente das autoridades”, concluiu Senra. 

_____________

[1] Información sobre a visita realizada hai unhas semanas, aquí:

https://ageuropa.gal/%EF%BB%BF%EF%BB%BF-senra-e-verao-denuncian-que-os-traballos-para-retirar-madeira-queimada-estan-a-danar-o-castro-de-chavaga/

 

20180823_115420-768x432

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies