AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra e Verao denuncian que os traballos para retirar madeira queimada están a danar o castro de Chavaga

9 Agosto, 2018 arqueoloxía, castro, Chavaga, incendios, Lidia Senra, lumes, Monforte de Lemos, patrimonio, patrimonio cultural, Paula Verao
  • As deputadas no Parlamento Europeo e no Galego reclaman que a Xunta actúe e protexa esta xacemento castrexo que hai en Monforte 
  • Maquinaria pesada abriu pasos para subir á cima, desfacendo zonas de pedra, para talar e levar as árbores arrasadas nos lumes de outubro

Lidia-Senra-e-Paula-Verao-no-castro-de-Chavaga_2656x1494

Santiago, 9 de agosto de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e a deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Verao, visitaron este mércores pola tarde o castro da Coroa, en Chavaga, Monforte de Lemos, para comprobar en persoa o deterioro que están a provocar os continuos traballos de tala e retirada da madeira que ardeu nos incendios de outubro do ano pasado. Senra e Verao comprobaron no terreo as pegadas e desfeitas provocadas por maquinaria pesada, que abriu pasos para poder acceder á cima do castro, desfacendo incluso muros de pedra deste xacemento castrexo. 

Ante tal situación, tanto a eurodeputada como a parlamentaria galega teñen previsto presentar nos próximos días un escrito ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, reclamando responsabilidades e pedindo que se investigue o posible alcance dos danos. Así mesmo, solicitarán os permisos pertinentes que a Consellería debe conceder para actuacións como cortas, remoción de terras ou repoboacións forestais nas contornas de protección. Lídia Senra e Paula Verao critican a deixadez da Administración e permisividade que adoita ter cos intereses das madeireiras, aínda que sexa a costa de destruír o territorio. Neste sentido, lembran como a destrución de bens patrimoniais e de xacementos arqueolóxicos na provincia de Lugo é unha constante e reclaman unha actuación urxente e contundente contra estas prácticas.

Así mesmo, Lídia Senra ten previsto presentar un escrito na Comisión Europea denunciando a situación que se está a producir en Chavaga. “Este 2018 está a ser o Ano Europeo do Patrimonio Cultural e unha das responsabilidades da UE é velar pola conservación e desenvolvemento do patrimonio cultura europeo. A UE ten que saber que na Galiza, coa complicidade da Administración, se está a destruír día si e día tamén patrimonio galego, e debe actuar para parar isto. É necesario que todas as Administracións afectadas, incluído tamén o Concello de Monforte, actúen para frear estas desfeitas canto antes”, reclamou.

Neste sentido, a europarlamentaria fai un chamamento á reflexión: “Esta semana erguiámonos un día coa noticia de que alguén intentou danar un ben patrimonial como é a catedral de Santiago facendo unha inadmisible pintada na fachada, algo totalmente reprobable. A mesma contundencia de denuncia pública e rexeitamento que tivo este feito debe telo tamén o deterioro que están a provocar nos castros dos montes e no patrimonio arqueolóxico rural a diario as empresas madeireiras. É patrimonio cultural igual de importante e aquí o dano fano empresas coa compliciade das Administracións, o cal aínda é máis grave”, defendeu. 

Pola súa banda, Paula Verao tamén presentará varias iniciativas no Parlamento Galego referidas á situación de perigo e deterioro do castro de Chavaga. A deputada autonómica comprobará se a Xunta concedeu os permisos pertinentes e solicitárá á Dirección Xeral de Patrimonio unha valoración do estado do xacemento, dada a afectación dunha posible terraza do castro. “O desleixo da Xunta con respecto aos castros da provincia de Lugo é unha constante, permitindo destrozos por parte da industria da madeira, nunha insostible situación de descoordinación entre as distintas Consellerías da Xunta implicadas, os Concellos, Seprona e as forzas e corpos de seguridade”, afirma.

As-deputadas-visitando-o-castro-de-Chavaga-II_2656x1494
As-deputadas-visitando-o-castro-de-Chavaga-acompañadas-de-veciñas_2656x1494
Castro-de-Chavaga-deteriorado-pola-maquinaria_2656x1494
Castro-de-Chavaga_2656x1494
Lidia-Senra-e-Paula-Verao-en-Chavaga-este-mercores-visitando-o-castro_2656x1494
Lidia-Senra-e-Paula-Verao-no-castro-de-Chavaga-III_2656x1494
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies