AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra diríxese á Comisaria Mijatovic para reiterar a denuncia da vulneración de DDHH no Estado español

17 Xullo, 2018 consello de europa, dereitos humanos
  • A eurodeputada galega enviou unha carta á nova Comisaria de Dereitos Humanos do Consello de Europa, Dunja Mijatovic
  • Represión social, vulneración dos dereitos á liberdade de expresión, información e manifestación, algúns dos aspectos destacados

Dunja-Mijatovic_letter2018-1-724x1024

Bruxelas, 17 de Xullo de 2018. A eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, vén de remitir unha carta á nova Comisaria de Dereitos Humanos  (DDHH) no Consello de Europa, Dunja Mijatovic, co obxectivo de facerlle chegar a súa preocupación polos numerosos casos de vulneración de dereitos humanos e liberdades producidos no Estado español nestes últimos anos.

Completando a súa comunicación, Senra achegou tamén un dossier entregado xa ao gabinete do anterior Comisario de DDHH do Consello, Nils Muiznieks, nunha xuntanza mantida en Estrasburgo o pasado mes de setembro. A través deste documento a eurodeputada galega proporcionou exemplos concretos acontecidos tanto na Galiza como no Estado, nomeadamente o aumento da represión social, a vulneración do dereito á manifestación e á liberdade de expresión e información, a situación nas prisións, o incumprimento da Lei de Memoria Histórica, a vulneración dos dereitos lingüísticos e dos símbolos da Galiza, a vulneración do dereito á folga ou a denominada Lei Mordaza.

Remitíndose a este primeiro contacto, a eurodeputada alerta na comunicación dirixida agora á Comisaria que “dende entón os casos de serio risco para os dereitos humanos segueron a repetirse”. De feito, como a propia Senra denunciou no seu momento ante a Comisión Europea por medio dunha pregunta parlamentaria, fai unhas semanas a organización internacional independente Freemuse revelou a través do seu informe anual ‘O Estado da liberdade artística 2018’ que o español é o Estado que máis artistas meteu na cadea (13), por diante de China (12) e Irán (9). “O informe, silenciado polos medios de comunicación maioritarios, apunta que se están aproveitando as modificacións introducidas na lexislación antiterrorista no 2014 para atacar expresións artísticas acusándoas de apoloxía ou enaltecemento do terrorismo”, explica Senra a Mijatovic na súa misiva.

Ademais, abondou, “neste clima de vulneración do dereito á libertade de expresión e de información, fai poucos días tivemos coñocemento de que a varias persoas presas no Estado español vetóuselle o acceso ao número 451 da revista La Directa”, medio de comunicación catalán con máis dunha década de historia e depósito legal. “Recibiron una notificación na que se lles informaba de que a prisión decidira reter a publicación por considerar que o seu contido tiña por obxectivo ´a desestabilización do sistema penitenciario´”, explicou Senra, quen precisamente o mes pasado dirixiu unha pregunta á Comisión Europea  denunciando esta situación. “É absolutamente intolerábel que se restrinxa o dereito de calquera persoa a recibir un medio de comunicación. Esta reacción penso que exemplifica ben a situación de censura e ataque á liberdade de información que se está a padecer no Estado español, ben lonxe dos valores que a propia Unión Europea di defender”.

Como peche da súa interpelación, a eurodeputada Senra solicitou á Comisaria Mijatovic que teña en conta a información proporcionada e “que faga todo o que teña nas súas mans para que no Estado español  tódalas persoas teñamos garantidos os nosos dereitos”. Ademais, subliña a galega, “á vista da situación actual, gustaríame saber cal é a súa impresión en relación ao respecto aos dereitos humanos no Estado español e que medidas pode levar adiante”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies