AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra denuncia na CE que os proxectos eólicos na comarca de Ordes van contra o interese xeral da zona

23 Maio, 2018 enerxía, Frades, GUE/NGL, Lidia Senra, Mesía, Ordes, Oroso, parques eolicos, renovables
  • A eurodeputada rexistra un escrito en Bruxelas apoiando a loita veciñal contra a implantación de muíños e novas liñas de evacuación eléctrica 
  • Advírtelle ao Goberno estatal e ao galego que non vale acabar co rural produtivo coa escusa dos obxectivos europeos de enerxía renovable

gasalla-rodeada-768x432Santiago, 23 de maio de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) que a instalación de parques eólicos na comarca de Ordes (A Coruña), sería contrario ao interese xeral da zona. Así o asegura Senra, despois de contactar coa Coordinadora veciñal contra a implantación de parques eólicos na comarca de Ordes e de ser informada sobre os proxectos que presentou nos últimos meses a empresa Green Capital Power, con matriz en Arabia Saudí. A europarlamentaria pon á CE ao tanto de que na comarca presentouse un proxecto co nome de parque eólico de Ardemil, outro co da Pobra, e un terceiro co de Lavandeira (tramitándose a través do Ministerio de Industria por superar o límite de 50 mw cada un para ser tramitado pola Xunta), e ademais, tamén o de Monte Inxerio e o de Gasalla (estes dous, incluídos no Plan Sectorial Eólico de Galicia). En total, afectarían a máis de 500 explotacións agrarias e a máis de 1000 empregos directos e indirectos.

PE-eolicos-na-comarca-de-Ordes

Así, Lídia Senra presentou hoxe mesmo en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que lle pregunta ao ente comunitario se está ao tanto destes proxectos, se coñece a situación de tramitación na que se atopan e se sabe dos riscos para a zona, tendo en conta que moitos dos terreos afectados están na categoría de solo rústico de especial protección, constituído por terreos que xa foron obxecto de concentración ou reestructuración parcelaria. Senra ten a certeza de que a adaptación do planeamento agrario ao uso enerxético podería facer perigar as axudas da Política Agraria Común (PAC) que reciben as explotacións desta zona e insta á CE para que valore como repercutiría.

Tendo en conta que os veciños e veciñas recolleron nun tempo récord de pouco máis dunha semana 1.500 sinaturas en contra dos parques eólicos na comarca de Ordes, e que tamén os alcaldes dos concellos de Ordes, Mesía, Oroso e Frades asinaron unha declaración institucional contra a instalación de parques eólicos nos seus territorios, Senra interpela á Comisión sobre esta situación. Para a eurodeputada, o cumprimento dos obxectivos da directiva 2009/28/CE para os Estados membro en canto a producción de enerxía renovable (está contemplado que o Estado español debe producir o 20% da súa enerxía con renovables no 2020) non pode implicar que se instalen parques eólicos por riba do interese xeral dos lugares.

Senra considera a situación de extrema preocupación, sobre todo ante o feito de que estamos a falar dunha comarca declarada no 2007 polo Goberno galego como de especial interese agrario. “A enerxía eólica é unha opción que pode ser máis sostible e máis limpa que outras, pero de ningunha maneira deste xeito. Eólicos si, pero non así”, critica Senra, quen chama ao Goberno estatal e ao galego a poñer algo de cabeza e frear esta loucura. “Non todo vale, non se pode acabar co rural vivo e produtivo, e menos inzar Galiza de eólicos como pretenden facer, con núcleos rurais afectados e vivendas moi próximas, polo medio do Camiño de Santiago, afectando a patrimonio arqueolóxico e xogando coa saúde das persoas”, defende a eurodeputada. A Comisión Europea analizará agora a situación e debería dar unha reposta sobre a súa percepción nun prazo de entre 4 e 6 semanas. Mentres tanto, Senra seguirá analizando a situación e presentará en breve outras iniciativas no Parlamento Europeo ao respecto.

A europarlamentaria tamén remitiu esta semana, ao igual que fixeron un feixe asociacións culturais e sociais da comarca, organizacións ecoloxistas e outros deputados e organizacións políticas, un escrito dirixido ao conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia e ao presidente Alberto Núñez Feijóo, reclamándolles que se paren a pensar e non declaren de especial interese os parques eólicos do Inxerio e Gasalla. “Deixen de exercer de depredadores da nosa terra”, reclama.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies