AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra denuncia na CE o incumprimento de directivas europeas no Complexo Ambiental de Miramontes

24 Maio, 2018 canteira, Grixoa, GUE/NGL, Lidia Senra, Miramontes RSU, Santiago de Compostela, tecnosolo, vertedoiro
  • A eurodeputada rexistra dúas preguntas dirixidas á Comisión Europea dando conta da contaminación de solo e augas por lixiviados en Grixoa 
  • Reclama que se realicen catas na planta de tecnosolos e no vertedoiro, para saber exactamente que tipo de residuos están almacenados alí

Lidia-Senra-e-o-concelleiro-de-Santiago-Xan-Duro-coa-plataforma-contra-o-vertedoiro-de-Miramontes_2656x1494-768x432

Santiago, 24 de maio de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) o incumprimento de diferentes directivas europeas no chamado Complexo Ambiental Miramontes, situado nunha antiga canteira de áridos na parroquia de Grixoa, a menos de 6 quilómetros de Santiago de Compostela. A europarlamentaria rexistrou dúas preguntas por escrito dirixidas ao ente comunitario, froito da información que recibiu a principios deste mes, cando mantivo unha xuntanza coa Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago-Miramontes. 

No primeiro dos escritos rexistrados en Bruxelas[1], Senra informa á CE de que o Complexo acolle á empresa Tecnosolos Galaicos SL, adicada a elaborar e aplicar tecnosolos derivados de residuos, actualmente pechada cautelarmente despois de abrírselle dous expedientes sancionadores por posibles incumprimentos da normativa. Nas inspeccións realizadas tras reiteradas denuncias da veciñanza, detectáronse irregularidades na elaboración, almacenamento e aplicación sobre o solo destes materiais, filtrando contaminantes ás terras e augas, e na xestión dunha cantidade de residuos para a que necesitaría unha autorización ambiental integrada, que non posúe. As mostras tomadas do material elaborado constatan que en certas substancias canceríxenas supéranse amplamente os niveles de referencia para a protección da saúde humana e os ecosistemas.

Lídia Senra pon en coñecemento da CE que os expedientes sancionadores da Xunta indican que se podería estar ante unha infracción grave das leis de traslación da Directiva 2010/75/UE e da Directiva 2008/98/CE. Sen embargo, ningunha medida se tomou para evitar a contaminación polos residuos que seguen amoreados e producindo lixiviados no lugar. Por este motivo, a eurodeputada insta á CE a levar a cabo unha investigación, incluíndo o seguimento do proceso que está a facer a Xunta, máxime tendo en conta ademais que a empresa participa en proxectos financiados con fondos FEDER. Tamén insta á CE a comprobar se se está incorrendo nunha vulneración da Directiva 2004/35CE sobre responsabilidade ambiental.

Afondando na problemática, no segundo dos escritos rexistrados en Bruxelas[2], Lídia Senra insiste en que a veciñanza da Grixoa leva tempo denunciando e padecendo os continuos cheiros, tráfico de camións desmesurado por vías non aptas, e contaminación das augas e das terras procedente dos lixiviados do Complexo Ambiental Miramontes, que ademais está situado a menos de medio quilómetro de vivendas e nun alto montañoso. “Os vertidos incontrolados supoñen un grave risco para a poboación pois afectan a regatos que desembocan no río Tambre, declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e do que se abastece a capital galega”, advirte Senra.

A eurodeputada defende que “as análises realizadas de inspeccións a camións constatan que no vertedoiro de residuos industriais non perigosos, xestionado pola UTE EYREGA, se deposita máis dun 30 por cento de materia orgánica, cando o estimado no proxecto era dun 5%, converténdoo na práctica nun vertedoiro de Residuos Sólidos Urbanos (RSU), non acorde á autorización que posúe”. Ademais comprobouse a presenza de gran cantidade de impropios, líquidos incluídos, polos deficientes controis da entrada de residuos no vaso, incumprindo a Decisión 2003/33/CE sobre admisión de residuos en vertedoiros.

Ante esta situación, Senra insta á Comisión a tomar medidas para que se cumpra a Directiva 2000/60/CE das Augas e se protexa a saúde das persoas e animais que se están vendo moi afectadas. “Podería ordenar a realización de catas no vertedoiro para certificar que é o que están depositando alí?”, pregúntalle a eurodeputada ao ente comunitario, que nun prazo de entre 4 e 6 semanas debería dar unha resposta.

Carta ao comisario europeo de Medio Ambiente, Karmenu Vella

A maiores disto, Senra tamén lle remitiu unha carta por escrito[3] dirixida ao comisario europeo de Medio Ambiente, Karmenu Vella, na que o pon ao tanto do “serio problema que temos na Galiza de colapso do sistema de xestión de residuos”. Senra considera que dito sistema estivo “mal concebido desde o inicio e nada acorde coa necesaria política de impulsar o escrupuloso respecto cara ao medio ambiente e a saúde das persoas, a reciclaxe, a reducción e a reutilización”. “Lonxe desta filosofía, na Galiza apóstase por un modelo SOGAMA que enterra e entierra toneladas de lixo, moitas veces sen pasar pola separación, produce vertidos a terras e augas e está levando a que en moitos puntos da Comunidade se estean realizando vertidos de residuos sen control e en lugares para os que non están autorizadas ditas actividades”, informa a Vella. Senra considera que este é o caso das instalacións da antiga mina de Touro, de cuxo caso xa se lle informou á Comisión e ao Parlamento Europeo en reiteradas ocasións, e é tamén o caso das instalacións do chamado Complexo Ambiental de Miramontes. “Como comprenderá, a miña preocupación e a dos e as afectadas é máxima e así o debería ser tamén para as institucións comunitarias. É por iso, que lle pido, encarecidamente, que se leven a cabo as xestiones necesarias para que a Comisión realice análise dos residuos que están almacenados tanto no vertedoiro como na zona da empresa de tecnosolos. A sospeita de que estamos ante unha grave vulneración de directivas europeas é fundada”, zanxa Senra.

______________________

[1] Pódese acceder á copia do documento rexistrado aquí:

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2018/05/PE-Incumplimientos-de-la-normativa-ambiental-en-una-cantera-de-%C3%A1ridos-en-Galiza-180518.pdf

[2] E aquí pódese acceder á copia deste documento rexistrado tamén:

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2018/05/PE-Vertidos-incontrolados-en-Grixoa-Galiza-180518.pdf

[3] Pódese acceder á carta remitida, na versión enviada en inglés, aquí:

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2018/05/Letter-to-Mr-Vella-on-uncontrolled-and-not-authorized-discharges-in-Touro-and-Santiago-de-Compostela.pdf

 

Lidia-Senra-atendendo-as-explicacions-da-plataforma-veciñal-contra-o-vertedoiro-de-Miramontes_2656x1494-768x432
Lidia-Senra-comprobando-a-contaminacion-nun-regato-preto-do-vertedoiro-de-Miramontes_2656x1494-768x432
Lidia-Senra-xunto-con-membros-da-plataforma-achegandose-aos-terreos-do-vertedoiro-de-Miramontes_2656x1494-768x432
PE-eolicos-na-comarca-de-Ordes
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies